As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (X) | Cristina García-Rosales

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (IX) | Cristina García-Rosales

Rita Fernández Queimadelos

A segunda arquitecta foi Rita Fernández Queimadelos, tamén descoñecida. Traballou en Madrid, Murcia e Barcelona, ata hai pouco vivía tamén e era unha avezada internauta aos seus 92 anos.

María Juana Ontañón

María Juana Ontañón foi a cuarta muller en obter o título de arquitectura en España e quizais a primeira en exercela de xeito efectivo. Casada co tamén arquitecto Manuel López-Mateos, compartiu con el a súa vida e a súa profesión. Formaron xuntos unha parella pioneira para a súa época no noso país, mantendo ela en todo momento, dentro do estudo, a súa independencia e a súa enorme personalidade creativa, radical, tenaz e positiva. Alumna de Luis Moya, colaborou con el no proxecto da Universidade Laboral de Gijón. Tamén colaborou no deseño do Plan Xeral de San Sebastián e no Plan Vidagor de Madrid así como en multitude de edificios de vivendas e turísticos na costa do Levante español.

Muller culta, apaixonada, gran polemista, viaxeira incansable e excelente debuxante, a súa personalidade polifacética e gran curiosidade fíxolle interesarse por temas tan diversos como o debuxo ao guache e á acuarela, a fotografía, o bordado, a botánica, as tradicións e vestidos populares e outros moitos, quizais na tradición universalista da Institución Libre de Ensino onde se formou na súa xuventude. De todos eles nos deixou excelentes exemplos.

Cristina García-Rosales. Arquitecta

Madrid. Agosto 2014

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (XI) | Cristina García-Rosales

Cristina García-Rosales

Soy arquitecta (1980). Mis proyectos son muy diversos. En 1995 fundo el grupo La Mujer Construye, en el que ocupo la Presidencia. 

follow me

Arquivado en: artigos, Cristina García-Rosales

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,