As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (XI) | Cristina García-Rosales

5 (100%) 1 vote[s]

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (X) | Cristina García-Rosales

Outra mirada

Intentei descubrir unhas cantas arquitectas e deseñadoras descoñecidas para o gran público, que talvez deseñan con outra mirada, colocando ao ser humano no centro dos seus proxectos, é dicir, o usuario. O debate está aberto.

E para rematar cito textualmente a Carmen Espegel, arquitecta, cuxa tese doutoral se dedicou á casa E. 1027:

“Cando Madame Curie morre, a causa da radiación absorbida durante tanto anos de investigación no Instituto de Física de París, colócase sobre a súa tumba un contador Geiger. A maquinaria, que serve para sinalar a radioactividade, seguirá durante outros cen anos emitindo a cantidade de enerxía residual que aínda está presente nos restos da científica pioneira que sempre estivo en segundo plano e que recibiu o premio Nobel grazas ao empeño do seu marido e por suposto á súa valía profesional.

A pesar de todos os agravios e menosprezos que estas arquitectas sufriron ao longo das súas carreiras profesionais a pesar de ser practicamente esquecidas pola historia da arquitectura recente e estudar as nosas carreiras sen oílas tan sequera nomear, as obras de todas elas, funcionan como o Geiger que aínda mantén viva a Marie Slodowska Curie. Emanan tanta calidade arquitectónica que o menos importante é que as autoras pasasen a un segundo plano, xa que para que sexan obras de alta calidade, aquel, o autor, debe manterse a moita distancia da obra.”

Arquitectas

Cristina García-Rosales. Arquitecta

Madrid. Setembro 2014

Cristina García-Rosales

Soy arquitecta (1980). Mis proyectos son muy diversos. En 1995 fundo el grupo La Mujer Construye, en el que ocupo la Presidencia. 

follow me

Arquivado en: artigos, Cristina García-Rosales

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,