As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (IX) | Cristina García-Rosales

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (VIII) | Cristina García-Rosales

Matilde Ucelay Maórtua

En España foi Matilde Ucelay a nosa primeira arquitecta e dende que remata os seus estudos en 1936, ata o momento actual, pasaron 72 anos e varias xeracións de mulleres. Se hai unha arquitecta que debería ser coñecida en España é, ela, Matilde Ucelay Maortúa, nacida en 1912 e falecida en Madrid en novembro do 2008. E non soamente por ser a primeira muller que rematou a carreira de arquitectura neste país, senón por recibir no 2004 o Premio Nacional de Arquitectura, tido sido outorgado anualmente polo Ministerio de Vivenda a

“aqueles arquitectos cuxa achega sobresaínte e continuada, realizada fundamentalmente en España, e valorada con criterios obxectivos, puxese de relevo os aspectos sociais, económicos, estéticos e tecnolóxicos da arquitectura”.

Os recoñecementos viñéronlle algo tarde a esta singular e intelixente muller, aínda que ela non cría en máis medallas que o benestar das persoas que habitan nos edificios por ela deseñados.

Matilde Ucelay rematou a súa carreira en 1936. Fíxoo dun xeito natural, por vocación. Como natural foi a súa infancia dentro do ambiente culto, liberal e progresista da súa familia, e natural a súa asistencia ao Instituto Escola (continuador do Instituto Libre de Ensino) onde estudou brillantemente o bacharelato. Algunhas das súas amigas decantáronse polas carreiras de Filosofía e Letras ou Farmacia, pero ela tiña claro que o seu era a Arquitectura. Época difícil, cando menos, a que pasou estudando neses míticos anos trinta na Escola de Arquitectura de Madrid, a pesar dalgúns inconvenientes menores como o que a Escola carecera de aseos para mulleres. Amiga de Félix Candela e de Chueca Goitia e, a pesar do inusual da súa situación, sempre gozou do maior respecto tanto dos seus profesores coma dos seus compañeiros. A súa materia preferida: proxectos arquitectónicos.

Dous días antes de que estalase a guerra civil, foi homenaxeada no Colexio de Arquitectos de Madrid, acto ao que acudiron destacadas figuras da Segunda República como o Ministro da Gobernación, Amós Salvador. Este feito, xunto coa súa filiación republicana, fixo que unha vez rematada a contenda, fose depurada e se condenase en consello de guerra á inhabilitación para exercer cargos públicos de por vida e para exercer a súa profesión, durante cinco longos anos.

Mesa de traballo de Matilde ucelay

A pesar de todas as prohibicións e dificultades, Matilde Ucelay mantivo unha actividade profesional continuada durante máis de corenta anos, construíndo edificios para clientes privados, proxectos que habilmente conseguiu que asinasen, ao principio da súa traxectoria, outros compañeiros. Exerceu o seu labor en circunstancias realmente difíciles, inmersa no contexto social da época, no que as mulleres se vían confinadas ao ámbito privado e forzadas a cumprir roles exclusivamente domésticos e familiares, carecendo de dereitos legais. Sinxela e responsable, traballou toda a súa vida sen consideralo algo excepcional.

A súa arquitectura caracterízase por unha profusión e riqueza nos detalles, e por un deseño intimista, ligado ao usuario e ao ámbito. Entre as súas obras destaca un gran número de vivendas unifamiliares, colaborando nalgunhas ocasións, co deseñador de xardíns e paisaxista, Couchepin. Entre os seus máis de cento vinte proxectos, destacamos “A Casa Oswald”, en Porta de Ferro en Madrid; “A Casa Benítez de Lugo”, nas Palmas de Gran Canaria; así como as librarías “Turner” e “Hispano-Arxentina” en Madrid. Tamén deseñou fábricas, laboratorios e outros edificios singulares seguindo a técnica de Félix Candela, do que importou a súa patente dende México coa axuda do seu fillo arquitecto. Realizou en total 114 proxectos ao longo dunha vida profesional de máis de 50 anos.

Cristina García-Rosales. Arquitecta

mMadrid. Xuño 2014

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (X) | Cristina García-Rosales

Cristina García-Rosales

Soy arquitecta (1980). Mis proyectos son muy diversos. En 1995 fundo el grupo La Mujer Construye, en el que ocupo la Presidencia. 

follow me

Arquivado en: artigos, Cristina García-Rosales

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,