As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (III) | Cristina García-Rosales

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (II) | Cristina García-Rosales

Empezarei por Escocia. Todos coñecemos a Charles Reine Mackintosh.

Pois ben, Margaret e Frances Macdonald, dúas irmás deseñadoras (aínda non tiñan o título de arquitectas) traballaron xunto con Mackintosh e o seu amigo Herbert MacNair a principios do século XX -dende 1900 a 1928-, formando o grupo chamado dos Catro.

Margaret Macdonald.

Este grupo traballou e estableceu os primeiros impulsos para o renacemento do deseño e da arquitectura. Os catro realizaron composicións gráficas, proxectos de interiorismo e de arquitectura cun estilo que pode ser definido como Modernista ou Art Nouveau, utilizando formas sensuais, materiais nobres e inspirarse na natureza.

O que moi poucos saben é que foi Margaret quen, entre outros moitos deseños, debuxou as rosas que incorporaron posteriormente en mobles, vidreiras ou enreixados. E cando Mackintosh empezou a gañar unha merecida reputación, chegáronlle críticas atribuíndolle “desproporcións” pola nociva influencia do gusto da súa muller. Fronte aos críticos, Mackintosh limitouse a dicir que ela era a que tiña o “xenio”, e el unicamente “talento”. Margaret tal como fixeron tantas outras mulleres posteriormente, traballou sempre ao seu lado e permaneceu oculta segundo os costumes do momento.

A súa delicada sensibilidade fai presente no deseño das estanzas dos seus edificios, atribuídos -ata fai ben pouco-, exclusivamente ao seu compañeiro. Nos seus proxectos máis coñecidos como son a Hill House – a Casa do Outeiro-, a Escola de Arte ou a Casa de Te, (todas elas en Glasgow) deseñaron xuntos ata o último detalle do mobiliario (lámpadas, mesas ou camas) e no salón de te, mesmo as disposición dos manteis, os menús e os uniformes dos camareiros.

A casa da Colina.

Mackintosh e Margaret Macdonald trataban os espazos, coma se fosen en se mesmas proxectos completos. Así as cadeiras se acomodaban á proporción das ventás, relacionándose coas chemineas ou cos armarios. Margaret ademais encargábase do estampado das tapizarías, que harmonizaban cos tiradores, do deseño das vidreiras ou das lámpadas. Unha concepción integral capaz de proporcionar aos seus moradores equilibrio vital, unha sensación de harmonía, de serenidade e de paz interior.

Cristina García-Rosales. Arquitecta

Madrid. Febreiro 2014

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (IV) | Cristina García-Rosales

Cristina García-Rosales

Soy arquitecta (1980). Mis proyectos son muy diversos. En 1995 fundo el grupo La Mujer Construye, en el que ocupo la Presidencia. 

follow me

Arquivado en: artigos, Cristina García-Rosales

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,