As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (II) | Cristina García-Rosales

5 (100%) 1 vote[s]

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (I) | Cristina García-Rosales

Despois desta pequena introdución desexo brindar unha homenaxe ás arquitectas pioneiras, mulleres que souberon vivir a súa vida con imaxinación e entusiasmo, que foron capaces de romper moldes e costumes, permitíndonos ás arquitectas actuais percorrer o noso camiño con maior facilidade.

A súa historia non foi escrita e o seu traballo non foi nunca recoñecido. É por iso polo que nin sequera puideron ser esquecidas.

Aínda que en 1923 o escritor Walter Bejamin afirmaba que non existía unha cultura propia da muller, a memoria hoxe ensínanos que os ideais estas mulleres vangardistas seguen sendo os nosos, os das arquitectas actuais, como veremos nos exemplos que a continuación vou mostrar.

Tradicionalmente, a arquitectura, así como outras carreiras técnicas e científicas, eran profesións masculinas. A muller era relegada á artesanía, á domesticiade, ao privado; é dicir, ao mundo do interior. Non existían vocacións universitarias, entre outras cousas, porque as mulleres tiñan prohibido o acceso ás aulas.

Recordemos, como exemplo, que en España, Concepción Areal, tivo que disfrazarse de varón para acceder á carreira de dereito no ano 1841.

Pavillón da Muller, de Sophia Haydn

Na Exposición Mundial de Chicago de 1893, diferentes grupos de mulleres construíron xuntas, por primeira vez na historia da arquitectura occidental, un Pavillón: o da Muller. Este pavillón foi deseñado por Sophia Haydn, nova titulada en arquitectura polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. (Aínda que non foi a primeira arquitecta americana, senón Jennie Louise Blanchard, nacida en 1856).

Deste pavillón a crítica dixo: “Se algunha vez a suavidade e dozura foron expresadas na arquitectura, percibímolo no edificio da Srta. Haydn”. Suavidade e dozura non son, non obstante, adxectivos normalmente aplicados na arquitectura.

O belo edifico de Sophia Haydn, era un máis dentro do estilo neoclásico Beaux Arts, estilo que predominou no resto dos pavillóns da Exposición. A súa intención era demostrar que as realizacións das mulleres eran equivalentes ás dos homes.

Sophia Haydn

Mentres tanto en Europa, é Elisabeth Siddal a única muller que se relaciona co deseño e a arquitectura no século XIX. Debido a “a súa encantadora figura e magnífico colo, así como á súa fisionomía delicada e perfectamente formada foi adoptada polo grupo dos pre-Rafaelistas como modelo e en 1860 casou con Dante Gabriel Rosetti. Non creo estes atributos puidéranse dicir no caso de ter sido home. Foi de orixe humilde, escritora e poeta, e realizou tamén bosquexos de arquitectura.

A principios do século XX, na sociedade occidental -e concretamente en Europa – irrompe un modelo novo modelo de muller.

Compañeiras de viaxe das vangardas, xenerosas e entusiastas, aparecen as arquitectas pioneiras.

Así podemos citar:

– Á irlandesa Eileen Grey que traballou con Jean Badovicci.

– Á finlandesa Aino Marsio Aalto que traballou co seu marido Alvar Aalto.

– Á escocesa Margaret Mc Donald que traballou con Charles Rennie Mackintosh.

– Á inglesa Allison Smithson que o fixo con Peter Smithson.

– O á norteamericana Ray Eames, que traballou con Charles Eames.

– A arquitecta alemá Lily Reich ou a francesa Charlotte Perriand, que traballaron con Mies Van der Rohe e Le Corbusier respectivamente, eran simples compañeiros e non estaban casados.

Todos los arquitectos conocen a Le Corbusier, Mies van der Rohe o Alvar Aalto. Pero muy pocos han oído hablar de sus compañeras de estudio, esposas o colaboradoras.

Arquitectas pioneiras

Outras arquitectas que traballaron en solitario, como Maïja Isola, e Marianne Brandt, pertencentes á Bauhaus, así como Margaret Kropoholler Staal, Grethe Meyer, Nana Ditzel, Grethe Schutte-Lihotzy, Lina Bo Bardi ou a española Matilde Ucelay -que foi a primeira que rematou os estudos de arquitectura no noso país-, tiveron menos recoñecemento, se cabe, que a anteriores citadas.

Non vou tratar de realizar unha recompilación exhaustiva de todas as arquitectas deste período, aínda que se dalgunhas delas, intentando seguir unha exposición máis ou menos cronolóxica. Información moi difícil de conseguir posto que, salvo raras excepcións, non son mencionadas nos libros de Historia da Arte nin nas Enciclopedias de Arquitectura.

Cristina García-Rosales. Arquitecta

Madrid. Febreiro 2014

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (III) | Cristina García-Rosales

Cristina García-Rosales

Soy arquitecta (1980). Mis proyectos son muy diversos. En 1995 fundo el grupo La Mujer Construye, en el que ocupo la Presidencia. 

follow me

Arquivado en: artigos, Cristina García-Rosales

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,