Colectivos ou equipos… Sobre as sutiles diferencias | Miguel Villegas

Foto orixinal CC by-nc-sa arquitextonica | arquitextonica.net


[…]

Foto de arquitextonica

É un tema que tratei xa varias veces, pero, e perdoarédesme o oportunismo cutre, o de onte deixouma botando.

Fai uns días, charlaba con Lorenzo Barnó no Laboratorio de Ideas del COAG outro tema importante para nós, o de ser empresa e dicíame: “É que non che explicas ben
E é que ao final todo é cuestión de sutilezas e matices.

Como dicía, levo tempo afirmando que os colectivos alienan aos individuos que os conforman. (e non hai que confundir con alinear, que tamén, aínda que ese é outro debate) e vou tratar de explicalo. O que onte gañou a eurocopa non é un colectivo. É un equipo.

O que onte gañou a eurocopa non é un colectivo. É un equipo.

É un conxunto de individualidades, estupendamente engrenadas, cun grao de especialización tan alto case como a súa flexibilidade, e capaz de, traballando coa mente posta en facer o seu traballo o mellor posible, conseguir o ben do grupo.

E agora poderiades dicir que iso tamén son os colectivos, pero non.

Un colectivo non ten individualidades, non hai Iniestas que cedan o gol xenerosamente a Jesús Navas, non hai Ramos que se juegen a integridade física cun penalti ao panenka (¿imaxinádesvos que a falla?¿credes que se tivese consensuado a idea llelo terían permitido?), non hai Albas deixándose os pulmóns media banda para marcar goles como o de onte.

Ese é o meu argumento principal. Nos colectivos os indivíduos desaparecen. Non teñen nome. Disólvense no grupo, na indefinición, na irresponsabilidade. E isto confúndese coa xenerosidade.

Para o meu, a Sociedade Rede ten unha enorme potencia. Ten a capacidade de agregar indivíduos en multitude de asociacións simultáneas, solapadas e incluyentes que non teñen por que ocultar as identidades individuais de cada unha das persoas que as conforman.

A Sociedade Rede ten o enorme poder de posibilitar a constitución do EuRede.

Ségueme parecendo un enorme erro, sen menosprezar en ningún momento o traballo que os colectivos desenvolven, confundir xenerosidade con outra cousa.

Que as persoas reclamen a autoría dos seus traballos non ten que ver co ego ou a vaidade.
Ten que ver coa responsabilidade cara aos demais, coa capacidade de interlocución un a un, co feito de que somos persoas e servimos ás persoas. As entrevistas aos xogadores da selección onte confirmaba esta teoría. Todos, despois de xogar maxistralmente, atribuíron o mérito ao equipo, á engrenaxe, á Rede.

Miguel Villegas, arquitecto
Editor en arquitextónica
Sevilla, xullo 2012

Arquitextonica.net es editada desde 2003 desde Sevilla por Lourdes Bueno Garnica y Miguel Villegas Ballesta. Desde hace un tiempo, decidimos sacar nuestra actividad profesional de aquí y trasladarla a villegasbueno arquitectura, así arquitextonica se quedó como nuestro espacio para la investigación, difusión y comunicación. Nos interesa dedicarnos a desarrollar e investigar en proyectos de arquitectura, con dos líneas fundamentales de trabajo.

La de vivienda social, alojamientos residenciales y arquitectura docente, que dirige Lourdes, y la diseño computacional y arquitectura para la sociedad de la información, que dirige Miguel. El trabajo que hemos venido desarrollando en arquitextonica.net desde el 2003 nos ha llevado también a trabajar por y para la difusión de la arquitectura y el diseño en internet, haciendo un énfasis especial en promocionar el talento de nuestro entorno. Lo llamamos #Ser_Red.

En la lista de etiquetas de la columna de la derecha puedes ver un registro más explícito de nuestros intereses. Si te interesa nuestro trabajo, no dudes en ponerte en contacto con nosotros.

follow me

Arquivado en: faro, Lourdes Bueno - Miguel Villegas

Tags: , , , , , , , , , ,