Reflexions tralo Laboratorio de Ideas do COAG | Miguel Villegas


Delegación de Vigo del Colexio de Arquitectos de Galicia

Como saberedes xa moitos, a semana pasada estivemos participando no Laboratorio de Ideas do COAG na sua sede de Vigo.

O labor de documentación que os colaboradores do Laboratorio estiveron e están realizando é extensísima e moi organizada, así que non vou caer en facer unha crónica que usedes para esquivar o ver os videos das mesas de debate. Merece a pena que as vexades todas. Sen excepción.

O que si me vou a deter é en sacar certas conclusións (persoais pero si non transferibles si comunicables) do que pasou e díxose en dous días de intenso traballo. Si non cito nomes non é só porque a intensidade me nuble a memoria, si non porque creo que foi un traballo en equipo, e aquí contradígome na miña aversión polos colectivos profesionais. O laboratorio, a presenza e acción de todos deu moito resultado. Cóntovos:

Estamos facendo acto de contricción.

Tal cual. Asumimos que, como profesión, metemos a pata e ben ata o fondo. Estivemos a traballar, como mulas algúns e outros como bulldozers, pero traballando. Porque había traballo. O que ante unha oportunidade de desenvolver un proxecto de digamos… vivendas (e completade aquí con calquera número que se vos ocorra) tería dito que non hai 5 anos que tire a primeira pedra.

¿Ningún? Ben, sigamos.

O acto de contrición estámolo facendo sobre todo os xustos.

Os pecadores non estaban no laboratorio de ideas. Os que tiran honorarios polos chans. Os que encheron o oco anterior cun número maior ou igual a 200, os que aínda, por acumulación de excedentes, seguen respirando. Eses non se arrepinten de nada e só están esperando que todo volva ser como antes.

A sociedade non se decata do que facemos, e é culpa nosa.

Estivemos moito tempo ocupados traballando e como, por sorte, había moito, esquecéusenos que servimos ás persoas, non ao mercado nin á disciplina, e que a estas persoas é ás que temos a obriga de render contas, e sobre todo, de facelo de forma clara e comprensible.

Unha compañeira do laboratorio, e permitídesme que obvie o seu nome por respecto, dicíame, cos ollos arrubiar, que a súa nai falecera sen que ela tivese sido capaz de facelo comprender o seu traballo. A tristura da súa voz aínda arrepíame.

A arquitectura é unha profesión de futuro.

Traballamos co que pode ser, en futuro, en algo que aínda non existe. É innegable que o futuro o construímos nós e temos que estar aí. Se ademais engadimos todo o que ten que vir, entenderemos que podemos traballar de tantas cousas como queiramos, que estamos capacitados para moito, mesmo para o que aínda non está inventado.

A arquitectura, como profesión e/ou formación, é elástica.

A profesión estírase, abranguendo infinidade de ramas, nichos, especialidades, versatilidades… La arquitectura é unha das actividades profesionais máis complexas. Se a exercemos de forma holística ben, se a exercemos fragmentándoa e apropiándonos dunha especialidade concreta, igual de ben ou mesmo mellor.

A cidade é das persoas e se estamos para servilos, a cidade é a nosa responsabilidade.

A produción e reflexión sobre a cidade e o territorio abandonouse en mans doutras disciplinas. O traballo sobre estes organismos vivos tecnificados tan tremendamente complexos necesítanos, se non as persoas se verán esmagadas por outros intereses. Volvamos á produción de cidade e territorio.

Debemos construír unha rede de persoas.

Temos a oportunidade e os medios de construír unha rede de persoas, unha Rede que nos de seguridade, que nos siga permitindo ser nós pero sentir o respaldo da profesión, dos compañeiros. Unha Rede que nos permita actuar de forma máis forte e ampla, aumentando o impacto do noso traballo. Unha Rede que grazas á tecnoloxía, pero dende as persoas, sirva de tecido humano.

Un subidón profesional.

Poder participar no Laboratorio de Ideas do COAG supuxo unha inxección de positivismo profesional que espero poidades absorber vendo todo o traballo que se xerou. O consenso foi moi alto. Mesmo nas voces discrepantes encontrabamos, no debate, que había acordo en fondo e ideas, e que quizais só había diferenzas, matices, nas formas.

O que me quedou claro, é que podemos e debemos saír desta, con xenerosidade, con convicción, con miras de e ao futuro. Con arquitectura e sobre todo, con persoas.

Unha das auxiliares do voo que nos levou a Vigo, despois de toda a retahila de seguridade e promoción publicitaria, rematou cunha frase que para o meu sintetiza perfectamente a actitude necesaria neste momento.

E agora, ¡a voar!

Miguel Villegas, arquitecto

Editor en arquitextónica

Sevilla, xuño 2012

Arquitextonica.net es editada desde 2003 desde Sevilla por Lourdes Bueno Garnica y Miguel Villegas Ballesta. Desde hace un tiempo, decidimos sacar nuestra actividad profesional de aquí y trasladarla a villegasbueno arquitectura, así arquitextonica se quedó como nuestro espacio para la investigación, difusión y comunicación. Nos interesa dedicarnos a desarrollar e investigar en proyectos de arquitectura, con dos líneas fundamentales de trabajo.

La de vivienda social, alojamientos residenciales y arquitectura docente, que dirige Lourdes, y la diseño computacional y arquitectura para la sociedad de la información, que dirige Miguel. El trabajo que hemos venido desarrollando en arquitextonica.net desde el 2003 nos ha llevado también a trabajar por y para la difusión de la arquitectura y el diseño en internet, haciendo un énfasis especial en promocionar el talento de nuestro entorno. Lo llamamos #Ser_Red.

En la lista de etiquetas de la columna de la derecha puedes ver un registro más explícito de nuestros intereses. Si te interesa nuestro trabajo, no dudes en ponerte en contacto con nosotros.

follow me

Arquivado en: faro, Lourdes Bueno - Miguel Villegas

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,