As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (VI) | Cristina García-Rosales

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (V) | Cristina García-Rosales

Aino & Alvar Aalto

Pasamos agora a unha etapa algo posterior -1924-1949- e ímonos a Finlandia, o chamado país dos mil lagos.

Aino Marsio Aalto, foi unha arquitecta finlandesa graduada en 1924 en Helsinki, compañeira do arquitecto Alvar Aalto.

Aino e Alvar Aalto. AAA. A firma das tres aes en todos os seus proxectos permanecerá sempre ata a morte por cancro de Aino en 1949. Non obstante, a discreta compañeira brilla pola súa ausencia na maioría dos textos e nas enciclopedias. Tampouco foi recoñecida na súa xusta dimensión, a súa figura silenciouse e esquecido coma se puidese temerse que fixese sombra a Alvar Aalto.

Se Eileen Grey era a sofisticación e o glamour, Aino, podería ser a sinxeleza e a funcionalidade.

Vasos de Aino

Dotada de gusto innato, non aceptaba a moda, utilizaba a súa propia sensibilidade vangardista, apreciando os materiais e técnicas naturais finlandesas tanto na fabricación de mobles coma no deseño de espazos e obxectos.

Foron, ela e o seu marido, unha excepcional parella de arquitectos que traballaron activamente como asociados durante 25 anos, anticipándose ao seu momento histórico, non só nos seus proxectos senón no seu modo de traballar, formando unha parella fóra de época. Ata que ela faleceu e el volveu casar con Elsa, arquitecta tamén, que se ciñó aos desexos arquitectónicos do seu compañeiro, limitándose a debuxalos.

Aino e Alvar acometeron na súa nova trintena primeiros encargos de arquitectura de tanta envergadura como o Sanatorio Antituberculoso de Paimio en 1929, a Biblioteca de Viipuri, cos seus teitos ondulantes, ou o Pavillón da Feira Mundial de París en 1938, todo un adianto á modernidade. Xuntos tamén se implicaron no deseño de mobles e obxectos que fabricaron en serie e distribuíron por medio da firma Artek (xunto cos seus amigos, o matrimonio Gullichsen). Firma que contribuíu a lanzarlles o éxito internacional.

As súas obras de arquitectura conxuntas tiñan algo de colaxe tridimensional, de composición por partes, de complexidade evidente ou de falta de unidade xeradora, características propias da obra de Alvar Aalto, pero tamén características das obras realizadas por dúas mans diferentes.

Neste sentido, o seu máximo expoñente é, sen dúbida, a Vila Mairea construída entre 1937 e 1939, e na que se evidencia a acumulación de diferentes ideas que se superpoñen, dando un belo resultado repleto de matices.

A Villa Mairea é unha vivenda de luxo situada nun claro do bosque, non afastada ao mar, deseñaba para a parella Gullichsen, os seus amigos multimillonarios cos que se uniron empresarialmente a través da firma Artek e cos que lles unía uns mesmos ideais. Unha vivenda que se converteu nun emblema da arquitectura contemporánea finlandesa. Unha casa, entendida polos Aalto como un laboratorio experimental.

Unha casa complexa con trazos modernos e unha formulación vernácula ou tradicional. Moderna pola composición en distintos elementos diferenciados en planta. E tradicional polo xeito de asentarse no terreo e por moitos dos seus múltiples detalles e formas construtivas: as láminas superpostas de lousa negra baixo as ventás, que entoan cos seus bastidores de madeira de teca ou a banda amarela de bidueiro que se estende a todo o longo, na súa parte superior.

Villa Mairea

Desta vila o historiador Sigfried Giedion escribiu:

É como unha peza de música de cámara na que, soamente coa máxima atención, se percibe a finura das súas solucións e intencións. As amplas ventás permiten a interpenetración dos espazos interior e exterior, parece coma se o bosque penetrase na casa e coma se achase o seu correspondente eco nas sutís columnas de madeira, envolvidas en cordas, que os representan.”

Alvar e Aino Alto complementábanse como acontece con moitas parellas de arquitectos. E o segredo do seu éxito baseábase, talvez, nunha profunda relación integradora entre calidades humanas e artísticas complementarias. Se Alvar era inquedo, ardoroso e imprevisible, Aino era constante, perseverante e repousada; se el era extrovertido, mundano e gran comunicador, ela valoraba o seu mundo interior e actuaba firme, pero entre bastidores; se el prefería deixar voar a súa fantasía e imaxinación e debuxar “free hand”, ela era práctica, moderada, hábil delineante e profesional eficiente, coidando ata o máis mínimo detalle. “Tal vez”, escribe Giedion,

séxalle beneficioso a un volcán, que a mole da montaña se ache circundada polas tranquilas augas dun río…”

Non hai dúbida que a práctica mente de Aino se combinaba -con singular mestría- coa intuitiva e espontánea imaxinación de Alvar. Pero tampouco hai dúbida que, mentres el foi internacionalmente recoñecido, ela foi ninguneada e se silenciou.

Cristina García-Rosales. Arquitecta

Madrid. Abril 2014

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (VII) | Cristina García-Rosales

Cristina García-Rosales

Soy arquitecta (1980). Mis proyectos son muy diversos. En 1995 fundo el grupo La Mujer Construye, en el que ocupo la Presidencia. 

follow me

Arquivado en: artigos, Cristina García-Rosales

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,