As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (V) | Cristina García-Rosales

5 (100%) 1 vote[s]

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (IV) | Cristina García-Rosales

Eileen Gray

Vaiamos agora a coñecer a outra arquitecta e a outro tipo de arquitectura, dentro a mesma época. Á “casa ao bordo do mar” ou “E.1027”, e á irlandesa Eileen Gray que a construíu entre 1926 e 1929, sendo a súa obra máis importante.

Á casa chamárona a E.1027, pretendendo ser o anagrama das iniciais dela e da súa parella, Jean Badovicci. (E pola e da inicial de Eileen, 10 era o n.º da letra J da inicial de Jean, 2, o n.º de da letra B = Badovicci, e 7 o da letra G = Gray).

Esta vivenda encóntrase no Cap. Ferrat, en plena Costa Azul francesa. Gray deseñouna como unha vivenda informal, pensada para a vida e dende o interior da vida, articulando os seus espazos ao redor dunha cuarto-estudo principal con outras dependencias de convidados, cada unha co seu propio cuarto de baño e terraza.

Unha casa que pretende relacionarse co mar, que se abre á luz e ás magníficas vistas polo día a través de grandes ventanais de chan a teito; e que se pecha sobre se mesma pola noite, resgardándose dos ventos, por medio de biombos corridos ou a través dun complicado sistema de cortinas metálicas, e que é capaz tamén de protexerse da excesiva luz mediterránea por medio de lamas verticais axustables.

E.1027

A vivenda está planeada con exquisito coidado e detalle, de tal forma que, aínda que todo pareza casual, nada se deixou ao azar. Porque o que Gray formula non é un simple uso, senón un uso que dignifique, un uso espiritual. Este uso espiritual pódese considerar na gran liberdade na elección de percorridos entre interior e exterior ou na exquisita iluminación e ventilación natural das distintas pezas, así como no seu minucioso deseño.

Así o mosquiteiro no dormitorio, que se transforma nun obxecto escultórico, o cabeceiro integrado que contén un reloxo de mesa de noite que xira 45 graos para facerse visible dende a cama ou o espello circular que permite afeitarse con precisión a caluga.

A busca de

“unha arte que sexa a prolongación da vida

sería a guía de Eileen Gray.

Debemos construír para a xente de tal maneira que poidan encontrar na arquitectura, a alegría e a realización completa das súas potencialidades”,

escribiu na revista máis importante do momento, L’ Architecture Vivante.

Cristina García-Rosales. Arquitecta

Madrid. Marzo 2014

As arquitectas pioneiras: a presenza da ausencia (VI) | Cristina García-Rosales

Cristina García-Rosales

Soy arquitecta (1980). Mis proyectos son muy diversos. En 1995 fundo el grupo La Mujer Construye, en el que ocupo la Presidencia. 

follow me

Arquivado en: artigos, Cristina García-Rosales

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,