Oficinas e almacén para actividades de xardinería de Isoriparia | ARKB-Arrokabe arquitectos


O edificio está pensado para albergar as funcións administrativas, de almacenaxe, reparación de maquinaria preparación de material, etc. Relacionadas coa actividade da empresa, dedicada a traballos de xardinaría e cultivo de produtos de agricultura ecolóxica.

Creada conxuntamente pola Confederación galega de minusválidos e pola Asociación de minusválidos da bisbarra está encamiñada, en último termo, a crear emprego para este colectivo e fomentar, desta forma, a integración social deste.

Formúlase unha primeira construción sinxela, barata, lixeira e modular. Perséguese, como obxectivo primordial, a integración e a minimización da súa presenza no val, afastándose do modelo das edificacións próximas, des contextualizadas e de excesivo tamaño. Establécese, polo tanto na súa materialización, un diálogo directo coa topografía e as masas vexetais do ámbito.

A súa implantación resólvese seguindo unha estratexia sinxela; aproveitando a pendente disponse co seu eixe lonxitudinal (norte-sur) en perpendicular a esta. Escavando minimamente na aba, créase unha plataforma na que se desenvolve o programa. Desta forma, a construción resólvese parcialmente enterrada cunha cuberta inclinada en dirección oposta á pendente, que se percibe, dende o leste, como unha continuación do terreo.

Para a fachada oeste utilízase unha malla metálica que serve de soporte a unha plantación de Hedera Hélix. Esta funciona como protección solar e baruto visual. Para a súa franxa superior, no encontro coa cuberta, utilízase un vidro que permite a presenza de luz no interior e que, mediante os reflexos que orixina, axuda na estratexia xeral de camuflaxe.

Dous anos despois, constrúese unha ampliación que consta dunha peza similar (con uso de almacenamento na súa totalidade) e unha intermedia, translúcida, que funciona como garaxe, resolta con placas de policarbonato ondulado. Esta solución resolve, ademais, de forma evidente e eficaz a imaxe representativa da actividade da empresa.

Obra: Oficinas e almacén para actividades de xardinería de Isoriparia

Autores: Arrokabe arquitectos [Óscar Andrés Quintela, Iván Andrés Quintela]

Emprazamento: Ponte do Gato, Rendal, Arzúa, A Coruña, Galicia, España

Ano: 2001-2003

Fotografías: Arrokabe Arquitectos

+ www.arrokabe.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamiento dotacional, equipamiento industrial, obras

Tags: , , , , , , , , , , , , , , ,