Museo Nómade, de Shigeru Ban | Halldóra Arnardóttir – Javier Sánchez Merina


Shigeru Ban (n. 1957), arquitecto

Al explorar el lenguaje y la sensibilidad poética compartida por todos estos animales, trabajo hacia el redescubrimiento del ámbito común que una vez existió cuando la gente vivía en armonía con los animales. Espero que el efecto final sea una experiencia de asombro y contemplación, de serenidad y esperanza.

Gregory Colbert, fotógrafo.

O Museo Nómade mostra as extraordinaria exposición de Colbert, “Cinzas e Neve”, un título que suxire beleza e renovación, e onde nada está manipulado dixitalmente | Ashes and Snow, de Gregory Colbert

Foi a finais do 2003 cando Shigeru Ban, o arquitecto xaponés popular polas súas construcións con tubos de cartón, recibiu un encargo incrible: o de imaxinar un museo móbil.

O museo debía viaxar arredor do mundo para mostrar as imaxes que o fotógrafo canadense Gregory Colbert tomou ao longo de trinta e tres expedicións por lugares insólitos do mundo. As fotografías responden ao criterio de buscar aquelas relacións orixinais entre os animais e as persoas que o home contemporáneo xa perdeu.

Precisamente esa mesma noción de viaxar coa cámara era a que Colbert quería para o seu museo. A construción tería que moverse, tería que viaxar por todo o mundo e provocar entre os seus visitantes un forte compromiso co ámbito.

O home e o animal en paz completa | Ashes and Snow, de Gregory Colbert

Cinzas e Neve

Durante os últimos trece anos Gregory Colbert viaxou coa súa cámara a lugares exóticos da India, Sri Lanka, Exipto, Sudáfrica, Etiopía, Namibia, Tonga, Myanmar -anteriormente coñecida como Birmania-, as Illas Azores e a Antártida, para explorar a interacción primordial entre os humanos e os animais. Significativamente, as fotografías capturan aos animais a plena luz do día, e ningunha delas foi manipulada ou superposta posteriormente. Este foi un traballo paciente, tal e como Colbert explica:

“Estou interesado en explorar marabillas intemporais, así que non hai urxencia. Cinco anos, dez, quince, non o terían feito distinto, porque o que se facía era completamente atemporal.”

Así continúa:

“Nós teriamos esperado durante meses. Coas baleas estivemos a traballar durante seis semanas sen disparar un só fotograma. Hai días de milagres, e hai días cando un só pensa neles. Pero non os forzas. Os elefantes decidiron, as baleas decidiron.”

Son máis de cen fotografías de gran formato, de 180 x 270 cms, imprimidas nun papel xaponés que foi coloreado con pigmentos de plantas seguindo técnicas artesanais de máis de trescentos anos de antigüidade. Foron mostradas por primeira vez no Arsenal de Venecia, no verán do 2002, baixo o título “Cinzas e Neve”. A exposición foi extraordinaria e organizouse ao longo de todo un estaleiro do século XV, pertence á mariña italiana, que mide máis dun quilómetro e medio de lonxitude. A resposta do público foi sorprendente. As imaxes foron visitadas por máis de cen mil persoas e a colección foi comprada na súa totalidade pola compañía Rolex, que aínda actúa como un dos principais patrocinadores de Colbert.

Á hora de enumerar o listado de necesidades para o novo museo que albergaría a súa colección, Gregory Colbert requiriu un espazo que el puidese organizar libremente, ademais de poder enviar, xunto ás súas imaxes, lugares tan remotos como o Parque Nacional de Serengeti en Tanzania, durante o período de migración de animais; ou instalarse no Mar de Bering cando se xea. Isto implicaba que todo o edificio tivese que ser reciclable e doado de montar e desmontar.

O Museo Nómade ten que viaxar cos seus planos arredor do mundo

O Museo Nómade

A súa experiencia con arquitecturas móbiles e elementos construtivos reciclables foi un factor decisivo para que Shigeru Ban recibise o encargo de desenvolver este novo concepto de museo.

Ban interesouse polos colectores de transporte de mercadorías como un posible material de construción que xa tiñan intrínseco na súa natureza a idea da viaxe:

“Ao viaxar por todo o mundo cada colector ten a súa propia historia”.

Os colectores, ao incorporar tamén outras calidades como a súa facilidade de ensamblarse e amorearse, poderían transportar o museo completo e cambiar a súa disposición en cada localización.

A estrutura do teito agudiza o efecto de perspectiva e crea un sentir de entrar nun santuario con escenas que nos recordan a relación primordial entre aqueles que habitan a Terra

O arquitecto calculou que necesitarían cento cincuenta e dous colectores para crear unha estrutura que pecharía os 4.180 m2 que ocupa o Museo Nómade. Posto que a exposición empaquetada requiría tan só dos oito colectores nos que viaxaría, para completar a estrutura do museo tomaríanse prestados outros colectores en cada nova localización. Sería, polo tanto, esencial que os debuxos do arquitecto acompañasen a exposición en todo momento, aínda que o edificio final puidese alterar levemente a súa disposición dependendo das diferentes condicións do lugar.

Os colectores están amoreados seguindo o debuxo dun damero e crean unhas frontes de 10’2 metros de altura, e co fin de protexerse do vento que sopre entre a cuadrícula de colectores, pecháronse as aperturas cunha tea a xeito de membrana inclinada.

Os materiais reciclables do Museo Nómade incorporan na súa natureza o sentido da viaxe e a memoria | Fotografía: Michael Moran

En canto ao seu interior, seguindo co seu interese polo uso de materiais reciclables cos que sexa doado construír e de obter, ademais, en cada lugar, Shigeru Ban proxectou o seu teito e as columnas que o sustentan con tubos de cartón. Para protexelos da auga e cumprir coa normativa de protección contra incendios, os tubos, ademais de estar selados, inclúen un revestimento impermeable interno e externo. A armazón da cuberta está construída con tubos de 30 cms de diámetro que descansan sobre os colectores e as sesenta e catro columnas formadas por tubos de 60 cms de diámetro.

Os visitantes entran na penumbra do espazo de exposicións do museo ao cruzar por unha cortina de doce metros de lonxitude que está feita cun millón de bolsas de papel de té procedentes de Sri Lanka. Entón unha maxestosa vista ábrese fronte a eles: un longo paseo cara a unha sala de proxección percorre entre a colección das fotografías de Colbert. O sinxelo deseño da cuberta a dúas augas reforza o efecto de perspectiva e dramatiza o espazo no que as fotografías parecen flotar entre as columnas por estar colgada con finos cables. É coma se se entrase nun santuario no que non hai palabras nin textos, só imaxes: unhas pacíficas escenas do home con animais que nos fan reflexionar.

La primera disposición del Museo Nómada se realizó en la primavera del 2005, en Nueva York, en el histórico embarcadero número 54 del río Hudson, donde desembarcaron los supervivientes del Titanic. Su siguiente destino fue Los Ángeles, desde donde viajará a lo largo de Europa y Asia | Fotografía: Michael Moran
A primeira disposición do Museo Nómade realizouse na primavera do 2005, en Nova York, no histórico embarcadoiro número 54 do río Hudson, onde desembarcaron os superviventes do Titanic. O seu seguinte destino foi Los Ángeles, dende onde viaxará ao longo de Europa e Asia | Fotografía: Michael Moran

Os traballos de Colbert son auténticos testemuños que demostran que os nosos sentimentos primordiais cos animais non se perderon totalmente. Nun mundo de exceso industrial, os animais non deberían ser definidos simplemente polo seu grao de domesticación ou agresividade. Eles tamén encarnan unha paz inesquecible. As fotografías de Colbert manteñen unha relación de respecto e calma onde ninguén domina o outro; un xesto que o Museo Nómade axuda a instalar entre as persoas onde queira que se asente, todo iso en atmosfera de solemnidade creada con materiais de construción reciclados.

Halldóra Arnardóttir + Javier Sánchez Merina
doutora en historia del arte. doutor arquitecto
Murcia. xaneiro 2014

Halldóra Arnardóttir – Javier Sánchez Merina

Javier Sánchez Merina: Profesor Asociado en Kingston University London (1994-97, con Katerina Rüedi) y en la Universidad de Alicante (2000-11, con Catco. JM Torres Nadal), Doctor con la calificación de Sobresaliente Cum Laude y mención honorífica de Doctor Europeo (ETSA Barcelona 2002), acreditación de la ANECA como Contratado Doctor y Profesor Titular (2011), y en la actualidad Profesor Ayudante Doctor (UA) y Azrieli Visiting Critic en Carleton University (Ottawa 2012).

Halldóra Arnardóttir: Doctor (The Bartlett, UC London 1999 – homologación UMU 2007), Colaboradora con el Observatorio de Diseño y Arquitectura de Murcia (2008-10), acreditación de la ANECA como Ayudante Doctor (2012) y en la actualidad Coordinadora de Arte y Cultura como Terapia (HUVA) en colaboración con UMU, Profesora Ayudante Doctor (UCAM) y Azrieli Visiting Critic en Carleton University (Ottawa 2012).

follow me

Arquivado en: artigos, Halldóra Arnardóttir - Javier Sánchez Merina

Tags: , , , , , , , , , , , , , , ,