Eco-Quartier Carnot-Verollot (I) en Ivry-sur-Seine | archikubik

O reto urbano do proxecto deste Eco barrio consiste principalmente en redinamizar unha área desconectada do resto da cidade pola presenza impoñente do cemiterio Parisien de Ivry. O proxecto abórdase como un auténtico proceso de costura urbana, entre un gran conxunto de vivendas ao norte do soar, e a extensión de pequenas vivendas unifamiliares ao sur.

Este traballo minucioso pretende preservar o espírito das pequenas edificacións existentes da zona, propoñendo á vez unha reflexión sobre a densificación e a compactidade urbana.

O resultado do estudo das liñas de forza do ámbito urbano próximo, indica a necesidade de crear unha permeabilidade no centro do conxunto e de evitar custe o que custe o endurecemento previsible de edificios de certa altura en alienación á rúa, tal como preconiza o Plan Local de Urbanismo.

A implantación dos edificios ao longo da Rue Carnot, animará mediante unha serie de ventás urbanas o ámbito, conectando o Eco Barrio co cemiterio e explotando á súa vez o potencial deste como pulmón verde.

Tras un proceso de concertación e consulta cos servizos do Concello, os axentes sociais e os habitantes, propuxemos un espazo público no centro da mazá, articulado en torno a unha rúa peonil este/oeste e unha pasaxe norte/sud.

Esta intervención estructurante a escala urbana e humana, recrea ao norte unha conexión co municipio limítrofe de Kremelin-Bicêtre, e religa a proposta cos barrios do oeste de Ivry-sur-Seine. En definitiva, o dispositivo urbano que revaloriza a proposta é o espazo público, que funciona neste proxecto como intercambiador e elemento de relación fundamental entre os diferentes edificios.

Para fomentar a cohesión social entre os habitantes novos e os veciños existentes do barrio realizáronse unha serie de xardíns compartidos que parten dende a praza tamén proposta. Para acabar de acoutar os diferentes ecosistemas que compoñen o proxecto realizouse unha intervención paisaxística en “pleine terre” que funciona como interface entre os espazos privados compartidos e o espazo público.

O proxecto enmárcase dentro da asociación de proxectos urbanos PUP, obtivo o certificado ambiental HQE e Qualitel HPE, BBC 2005.

Obra: Eco-Quartier Carnot-Verollot (I) en Ivry-sur-Seine
Programa: 254 vivendas (116 vivendas sociais), residencia social para xoves traballadores de 183 estudios, 160m2 equipamento público, creación dunha rúa peatonal, unha praza e un horto urban.
Emprazamento: 59 Verollot St, Ivry sur Seine, Île de France, París, Francia
Cliente: Altarea Cogedim – Expansiel Promotion – Valophis Habitat – Ville et vie
Autores: Arquitectos – ARCHIKUBIK (Carmen Santana, Marc Chalamanch, Miquel Lacasta), Paisaxismo – ARCHIKUBIK e Compagnie du Paysage, Dirección de obra executiva – IC21, Economista – IC21 – MEBI, Inxeniería medio ambiental- EPDC
Superficie total: 23.270m2 construidos
Coste total obra: 32,5M Euros
Superficie construida Fase 1: 5.650m2
Selo medio-ambiental HQE®
Finalización da primeira fase: 2014
Segunda fase: en construcción
Fotografía: Benoit Fougeiro
+ archikubik.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamento cultural, equipamiento dotacional, espacio publico, obras, vivienda colectiva

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , ,