Dolores Victoria Ruiz Garrido · Educación | Little Architect

Hai uns meses tivemos a fortuna de asistir e participar en “A periferia da arquitectura” organizado por HNA e comisariado por estudo Stepienybarno, englobado no ciclo “A realidade do arquitecto. Un dos relatores era Dolores Victoria Ruiz Garrido e presentaba o seu proxecto Little Architect.

É un programa educativo sobre arquitectura, cidade e medioambiente dirixido a nenas e nenos de educación primaria en Inglaterra. O programa nace na Architectural Association School of Architecture (AA).”

Ista iniciativa educativa “quere romper os límites tradicionais do ensino da arquitectura” e para iso “busca establecer un contacto directo entre a escola de arquitectura coa sociedade dende as idades máis temperás.”

O programa é impartido en colexios durante o horario escolar, integrando leccións sobre arquitectura contemporánea no actual currículo académico. É un método transversal de ensino da arquitectura que vai dende os 5 ata os 11 anos, idade onde en UK se pasa á escola secundaria.

“Durante o primeiro curso (2013-2014), establécense os principios nos que se basea Little Architect conformando unha linea pedagóxica e metodoloxía. Establécese un sistema de financiamento co que se obtén o apoio do Arts Council of England e outras grandes oficinas de arquitectura como Rogers Stirk Harbour +Partners, Alison Brooks, CAPCO ou AHMM. Deséñase unha campaña de publicidade para contactar cos colexios con visitas persoais aos centros e dáse comezo ás primeiras experiencias docentes.”

Durante as sesións de Little Architect desenvólvense actividades que promoven o debuxo, a observación, a creatividade, o pensamento positivo, o interese e apreciación polo ámbito. Little Architect busca como primeiro obxectivo fomentar a curiosidade dos escolares pola arquitectura e a cidade e por conseguinte espertar un desexo de estar implicado na evolución e deseño desta.

Sen máis preámbulos, deixámosvos coa entrevista que realizamos a Dores Victoria Ruiz..

Dolores Victoria Ruiz Garrido | Fotografía: Little Architect

Cal foi a túa formación e traxectoria profesional previa a Little Architect?

A miña formación como arquitecta foi na Escola de Arquitectura de Sevilla e posteriormente realicei estudos de postgrao na Universidade de Xaén onde obtiven o DEUSA en Historia da arte. A miña traxectoria profesional iniciouse en 2002 fundando RgRm arquitectos xunto ao meu marido Juan José Ruiz Martín, tamén arquitecto en La Carolina, Xaén. O estudo re-bautizámolo e chámase Semisoto dende que decidimos establecernos en Londres en 2010.

Como xorde Little Architect?

Presentei un proxecto para impartir clases extra escolares de arquitectura no colexio dos meus fillos. A resposta tan positiva do centro e os nenos leváronme a presentar propostas noutros colexios obtendo a mesma boa aceptación. Tras dous veráns consecutivos ensinando a adultos na escola de verán da AA, vin que era o momento oportuno de dar a coñecer á dirección da escola o que estaba a facer de forma particular e presentei unha proposta. O enfoque era diferente esta vez, propuxen ensinar arquitectura durante o horario escolar e non como actividade externa ás clases. Propuxen ser nós os arquitectos os que van aos colexios e non ao contrario. A dirección da AA tanto Brett Steel como Christopher Pierce e Natasha Sandmeier, levaban pensando bastante tempo en como achegar a arquitectura aos nenos, e polo tanto o acordo en que había que montalo con base á miña proposta foi inmediato. O que eu puidese facer soa non ten nada que ver co que unha escola de arquitectura como a AA pode alcanzar, a audiencia, os medios e a repercusión son sen dúbida infinitamente maiores.

Que che levou a abrirse camiño na educación? Por que enfocado en nenos?

Estiven á fronte do meu propio estudo de arquitectura máis de 12 anos e as experiencias acumuladas explicando (ou loitando) porqué as cousas pódense facer mellor doutro modo, tanto a clientes, coma a políticos, como a técnicos nos concellos me fixo ver claramente que o único modo de xerar interese por propostas arquitectónicas e urbanas contemporáneas vén da man da educación. Por que nenos? Porque nas idades temperás é cando temos máis desenvolvida a creatividade e é vital o fomentar e potenciar ese xeito de pensar. A creatividade non é unha ferramenta para chegar a ser artista, a creatividade posibilítanos pensar en novas rutas para as realidades que non nos gustan.

Tiñas algunha experiencia previa en educación?

Non a non ser que conte educar dous fillos, supoño que algún punto nese aspecto dá a maternidade.

Encontrácheste con moitas dificultades?

Teño moi moi mala memoria! jajaja. Agora en serio, o maior escollo é convencer o profesorado de primaria de que unha señora arquitecta e o seu equipo de estudantes de arquitectura, lle van montar unha clase de arquitectura aos seus alumnos de 5 anos durante o seu prezado e escaso horario escolar e que non é gratis.

O segundo gran problema é explicar o que é arquitectura. Que as clases non van de debuxo técnico, perspectiva ou materiais. Que falamos do ecosistema urbano, de mobilidade, de enerxía, de evolución, de utopía, rehabilitación.

Dolores Victoria Ruiz Garrido durante unha clase | Fotografía: Little Architect

Estás contenta cos obxectivos alcanzados?

Incriblemente contenta, cada informe positivo que chega dun docente de primaria é como recibir un premio. Hai nenos que despois da clase de Little Architect continuaron debuxando edificios e levándollelos á súa profesora sen anteriormente ter mostrado interese polo debuxo ou a arquitectura.

Que expectativas e proxectos de futuro tes para Little Architect?

Entrar en conversacións cos que teñen o poder de cambiar as leis educativas en UK. Pedir máis apoios económicos do sector privado para que o programa creza.

Sénteste ben remunerada polo labor que realizas?

No meu caso a AA (a escola de arquitectura) paga o meu soldo equivalente ao dun titor da escola. O feito de estar a dirixir un programa para nenos non fai que se lle reste importancia ao meu labor.

Compaxinas ou complementas esta actividade con outros labores ou noutros campos?

Son cofundadora de SCAN, Spanish Contemporary Art Network. Unha fundación que internacionaliza a artistas españois e latino americanos emerxentes. Somos 4 arquitectos pero sobre isto tesme que facer outra entrevista porque é un proxecto apaixonante por si só.

Poñereivos en contacto con Pedro Font, Juanjo Ruiz e Bruce Irwin!

Traballo dos alumnos en Little Architect | Fotografía: Little Architect

Animarías outros arquitectos a seguir os teus pasos? Que pasos consideras que deberían dar?

Por suposto, o que comentaba antes de que facelo na AA era chegar a maiores audiencias, é clave. Busco que esta experiencia se imite e por suposto mellore.

Falar cos directores de escolas de arquitectura (Hai directoras?) e montar equipos; buscar apoios económicos dende o principio xa que a fase de investigación é longa e debe ser remunerada. Pido dende aquí que me deixedes en Sevilla, Granada ou Málaga un oco no equipo para poder volver algún día a Andalucía, á nosa casa.

Cres que os arquitectos en España deberiamos seguir abrindo novas vías de traballo para saír da casa máis “tradicional” de proxectar dada a actual situación da construción no noso país?

É vital, no máis literal significado da palabra.

Traballo dos alumnos en Little Architect | Fotografía: Little Architect

Que opinas dos que se foron a traballar ao estranxeiro?

Que volverán seguro máis sabios e máis cansos, moi cansos. Mira, non é xusto ter que marchar cando hai tanto que mellorar no noso país.

Déixasme aquí que critique os presupostos que move a liga de futbol, a fórmula un, as pasarelas de moda, os programas do corazón, a moto GP… (todo iso bonitos exemplos de igualdade de xénero por certo)… fronte a presupostos de investigación en Universidade ou empresa?

Era esta a pregunta?

Como ves o futuro da profesión?

Acórdaste do anuncio da Coca-Cola aquel que dicía para os fracos, para os gordos, para os bajitos…?
Pois así! Non se dirá SON arquitecto oirase eu ESTUDEI arquitectura e agora fago máquinas que depuran o aire, eu deseño fachadas que cambian de cor, eu deseño mobles, eu escribo contos, eu fago documentais, eu constrúo casas nas árbores, eu coido dos paxaros… Véxoo sen órganos colexiais impostos senón opcionais, véxoo baseado en asociacións temporais de individuos, sumas que cambian segundo o obxectivo…

Trabajo de los alumnos en Little Architect | Fotografía: Little Architect

Dolores Victoria Ruiz Garrido · Educación | Little Architect
Xuño 2015

Entrevista realizada por Ana Barreiro Blanco e Alberto Alonso Oro. Agradecerlle a Dolores Victoria Ruiz Garrido o seu tempo, paciencia e a súa predisposición con este espazo.

Alberto Alonso Oro

Arquitecto y editor en veredes, arquitectura y divulgación. Invernalia es un buen lugar. A veces escribo en Fundacion Arquia.

follow me

Arquivado en: Alberto Alonso Oro, Ana Barreiro Blanco, baliza

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,