Aparcamento na rúa Xuíz Falcone | Salgado+Liñares

Reformulación dun ambito público: aparcadoiro na rúa Xuíz Falcone. Dobre rúa – dobre espazo.

Aparcamiento en la calle Xuíz Falcone Salgado+Liñares o7

O proxecto ten por obxecto a reformulación do ámbito da rúa Xuíz Falcone.

Na orixe do proxecto, e como elemento activador, está a recuperación do nivel orixinal da rúa, perturbado polo agresivo recheo dos anos oitenta. Isto propicia unha transición lóxica e natural coa Leira do Marqués, e por extensión, coa ría e co Atlántico.

O desprazamento vertical da rasante permite a disposición de dous niveis lonxitudinais superpostos: é dicir, propicia a disposición de dúas rúas superpostas, aínda que abertas ao poñente, coma se dun edificio de dous niveis tratásese.

A dobre natureza do espazo maniféstase tamén nos usos. Nun primeiro sentido, o máis prosaico ou funcional, a dobre rúa compórtase como un espazo de circulación e aparcadoiro a dous niveis: este será o seu uso, por así dicilo, “nos días de diario”.

Pero nun segundo sentido, o máis poético ou festivo, a sección transversal se transmuta nun “Dobre Espazo”, e abre posibilidades de usos alternativos agora só latentes: de mercados a cuberto ou ao aire libre, de feiras do libro ou gastronómicas, de asembleas ou reunións da veciñanza, de debates, de xogos e de reunións. En definitiva, de eventos públicos e sociais de variadas condición e natureza.

Todos estes usos, propiamente de estancia e de dimensión pública, poden ser agora os puntuais protagonistas da dobre rúa dedicada ao xuíz Falcone, nunha mutación optimista do espazo público que abre posibilidades latentes hoxe adormentadas.

Obra: Reformulación dun ambito público, aparcadoiro na rúa Xuíz Falcone. Dobre rúa – dobre espazo.
Autores: Salgado e Liñares arquitectos.
Arquitectos redactores: Alfonso Salgado Suárez e Francisco Liñares Túñez.
Enxeñeiro: Manuel Liñares Túñez.
Equipo de traballo: Carla Agra García, arquitecta, Miguel Ángel Raposo Rodríguez, engeniero técnico industrial, Sergio Sánchez Alcalde, delineante, Jaime Novoa Míguez, arquitecto, Francisco González Varela, aparellador.
Data de inicio: 15 de xaneiro de 2015.
Data de finalización: 25 de maio 2016.
Emprazamento: Rúa Xuíz Falcone, concello de Noia. Galicia. España
Presuposto de obra: 693.161,16 EUROS
Promotor: Concello de Noia.
Construción: Por administración.
Subministración de pedra: SOGRANI. Sonense de Granitos SL.
Fotografía: Héctor Santos-Díez | BISimages
+ salgadoeliñares.com

Arquivado en: arquitectura, equipamiento dotacional, espacio publico, intervención urbana, obras

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , ,