Instrumentos de medida do tempo (II) | Jorge Rodríguez

Instrumentos de medida do tempo (I) | Jorge Rodríguez

Small house for a Kolonihaven | Fonte: EMBT

‘Somos nuestra memoria,

somos ese quimérico museo de formas inconstantes,

ese montón de espejos rotos.’

JL Borges

Quizais vivir non sexa máis que unha eterna construción de recordos. Empeñámonos en anticipar a melancolía que nos traerá a memoria, proxectando o noso futuro pasado.

Quizais por iso, cando Enric Miralles fixo o seu pequeno Kolonihavehus, unha casiña de non máis de 6 m2, unha pedra en miniatura nunha paisaxe bonsai, decidiu que tiña que ser un calendario. Así, quedaría rexistrado o paso do tempo, que en definitiva, é o que somos. Do que estamos feitos.

Quizais, colocou a casa xunto a unha cerdeira para que fosen os seus biorritmos os que anunciaran que o tempo, ao seu paso, ía construíndo as súas vidas e arquitecturas. Un almanaque recórdanos que os caraveis estarán abertos os fríos días de Decembro e gozaremos dos nenúfares as mañás de Xuño. Construír un ámbito, case como un reloxo de area, como un instrumento de medida do tempo.

Quizais tamén, o crecemento fugaz da súa filla Caterina hipnotizáballe tanto, que quería que o mundo crecese con ela, e así, tamén a súa casa. Como un vestido que abraza os movementos da pequena inquilina, que cando se escapa do seu piccolo mondo e interrompe a charla dos seus pais ao redor dunha mesa, séntese aínda máis pequena. Moito máis. E tamén el, cando asiches como convidado de excepción o relixioso ritual que é o xogo para un neno, se sente alleo, doutro tempo.

Quizais, consciente da caducidade do tempo e a eternidade do seu recordo, decidiu que un proxecto é moito máis ca el mesmo, é cada un dos seres que o constitúen. E por iso, na lista de autores do proxecto, Caterina Miralles Tagliabue ocupa un lugar privilexiado.

Quizais este pequeno Kolonihaven non sexa nada máis que o xeito en que Enric Miralles vía pasar a vida. Un constante mirar de esquerda a dereita, sen lentes.

Quizais, como adoita acontecer cada vez que me achego a Enric Miralles, todo o anterior só sexa un tremendo quizais.

Jorge Rodríguez Seoane
Decembro 2014. Coruña

Instrumentos de medida do tempo (III) | Jorge Rodríguez

Jorge Rodríguez Seoane

Arquitecto y socio fundador y gerente de Seoane Arquitectura.

Experiencia activa en evaluación de riesgos y plan de negocio, gestión de personal y dirección de proyectos de ejecución.

Gestión de carteras de inversión inmobiliaria, búsqueda de activos singulares y representación de intereses.

follow me

Arquivado en: artigos, Jorge Rodríguez Seoane

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,