LAMIPA en Beijing Design Week Film Festival 2014

Beijing Design Week Film Festival, a Embaixada de España en China e a Embaixada de Portugal en China teñen o pracer de invitalo á inauguración da exposición LAMIPA que terá lugar en Taikoo Li Sanlitun, Beijing.

LAMIPA é unha plataforma de divulgación da arquitectura que mostra proxectos e servizos da península Ibérica. LAMIPA ofrece unha selección de proxectos que mostran a forma única de entender a arquitectura que caracteriza aos arquitectos españois e portugueses. Un carácter baseado na combinación de formas puras, detalles coidados, funcionalidade e sostibilidade.

A exposición conta con 70 curtos documentais que mostran a arquitectura dende unha nova perspectiva. Ademais, LAMIPA organiza unha serie de conferencias onde unha selección de arquitectos mostrarán as súas obras ao público. O ciclo de charlas conta con recoñecidos estudos como CML / Projeto Alvenaria (Bruno Silvestre + Alexandre Dias + Luís Spranger), Santa-Rita, AQSO arquitectos office, Burgos & Garrido,Souto de Moura, Proap e OAB Carlos Ferrater.

Venue:

The Orange

Taikoo Li Sanlitun South

Chaoyang Disctrict. Beijing. PR China

北京市朝阳区三里屯路 19 号院 – 三里屯太古里 7 号楼 100032

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , ,