Caldo de Cultivo | Luis Gil Pita – Cristina Nieto Peñamaría

5 (100%) 1 vote[s]

Caldo de Cultivo é unha publicación de Cultivos Culturáis, acción de traballo real e reflexión multidisciplinar contorna ao desenvolvemento e coidado do traballo coas mans nunha horta. Neste proxecto que coordina e impulsa inicialmente o poeta e narrador oral Celso Fdez Sanmartin participaron, músicos ( tanto compositores como interpretes, Benxamin Otero, José Luís Taboada), escritores como James Sacré( Francia), Carlos Negro, filósofos como Emilio Araúxo e desde a reflexión arquitectónica e colaborando co apartado gráfico nós, Cristina Nieto Peñamaría e Luís Gil Pita.

A HORTA COMA ARQUITECTURA

Coma arquitectos, tamén nos Interesa a horta dende dúas perspectivas moi próximas ao problema arquitectónico:

Unha en relación ao espacial:

Porque a horta é a última prolongación da casa, do espazo doméstico. Pensamos na horta como lugar, como espazo íntimo, aínda que exterior e a descuberto, ligado aos usos e necesidades máis directos do vivido no interior. É así porque a horta nunca está, e non pode estar, moi afastada do embrión físico da casa, pois necesita coidado, limpeza, mantemento, coma as propias pezas de dentro,a lareira, os cuartos, como os propios espazos e habitares do interior.

Outra en relación ao temporal:

A horta, tamén nos interesa pola súa xestión, coma metáfora da súa organización espacial e temporal. Espazo produtivo que precisa de planeamento, xestión, previsión do que hai que impulsar e logo controlar. Están os tempos nos que non se pode avanzar, acelerar, e existe o ritmo natural das cousas e a imprevisión do accidente que se modela sobre a marcha, sen perder a perspectiva do que se procura como previsible ao fin.

Atención continuada e a organización das tarefas programadas, coa intensidade e consciencia de que existe un tempo e non hai más que ese. Nin máis nin menos. Horta, arquitectura humilde do ben organizado,no espazo e no tempo, con dominio marcado e protexido pero sen cuberta, ausente de banalidade, coma a boa arquitectura,…..

Luis Gil Pita y Cristina Nieto Peñamaría. Arquitectos
Santiago, febreiro 2011

Luis Gil Pita

Arquitecto por la ETSA de A Coruña en 1997, desde ese año colabora en el estudio de Manuel Gallego Jorreto hasta 1999. Becado de investigación en Holanda en 2000-1, con un estudio sobre lo fronterizo y liminar en arquitectura, por la Diputación de A Coruña, fue posteriormente Profesor invitado en el área de proyectos de la Facultad de Arquitectura de Guimaráes, Universidade do Minho, del 2001 hasta el 2007. Desde el inicio de su carrera ha publicado asíduamente artículos y ha participado como editor en diferentes publicaciones alrededor de la arquitectura.

follow me

Arquivado en: libros, Luis Gil Pita, publicacións

Tags: , , , , , , , , , ,