V Premio MARCO/FRAC Lorraine para Novos Comisarios 2012 [Convocatoria]

O Departamento de Comunicación do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, infórmalles da convocatoria da quinta edición do premio para novos comisarios, destinado a candidatos nados a partir de 1972 inclusive. Por terceira vez consecutiva, o premio é convocado conxuntamente polo MARCO de Vigo e o FRAC Lorraine (Fonds régional d’art contemporain de Lorraine) de Metz, Francia.

Con esta convocatoria, MARCO e FRAC Lorraine apostan pola formación de novos profesionais no ámbito do comisariado e xestión de exposicións. O premio ofrece aos participantes a oportunidade de propor un proxecto centrado nun tema de reflexión orixinal e persoal, así como a súa realización nos espazos do MARCO (1º andar) e do FRAC Lorraine.

O proxecto gañador disporá dun orzamento máximo de 25.000 € para cada unha das sedes. A exposición terá lugar a partir do mes de setembro de 2013, ben no MARCO de Vigo e a continuación no FRAC Lorraine, Francia, ben simultaneamente en ambas as dúas sedes.

O prazo de presentación de candidaturas finaliza o venres 19 de outubro de 2012 ás 19.00. O xurado seleccionará no mes de novembro de 2012 o proxecto gañador, e a súa decisión farase pública durante ese mes. Os criterios de valoración das propostas terán en conta a súa calidade e a súa adecuación ás características das salas do MARCO e do Frac Lorraine como espazos expositivos.

Achegamos con esta convocatoria as bases do premio, que conteñen as indicacións e enderezos para o envío de propostas. Toda a información e arquivos están dispoñibles tamén nas webs de ambas as dúas entidades:

+ marcovigo.com

+ fraclorraine.org

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, premios

Tags: , , , , , , , , , ,