Transformación dun antigo Almacén en estudo NUA | NUA Arquitectures

estudio NUA_NUA Arquitectures_02

Tarragona, situada estratexicamente nun outeiro, ten unha estreita relación co Mediterráneo. Esta dualidade xeográfica permítenos atopar puntos tan privilexiados como este estudo, un dos poucos baixos da cidade con vistas ao mar.

Este pequeno proxecto trata de recuperar o espazo ocupado durante moito tempo como almacén para transformalo nun lugar de traballo amplo e luminoso.

A intervención estrutúrase principalmente en tres acciones.

Espir.

Descóbrese a estrutura orixinal do edificio construído o ano 1931, a casa Antoni Rosell Fortuny, do arquitecto Francesc de Paula Morera Gatell, engadindo unha nova capa á primeira reforma do espazo realizada por Joan Tous Arquitectos. Recupérase o espírito orixinal eliminando o revestimento dos muros para deixalos respirar e evitar así a súa deterioración por mor das humidades.

Abrir.

Poténciase a relación interior exterior fomentando o contacto visual co mar.

Elimínanse as divisións que tapiaban os arcos transversais conectando visualmente todo o estudo co espazo común de acceso e o espazo público exterior. O sistema de arcos estrutura e ordena o espazo.

Habitar.

Finalmente, defínese e personaliza o estudo mediante diferentes pezas de mobiliario de madeira de piñeiro que se adaptan ao espazo e ás actividades que se desenvolven.

“Espir, abrir e habitar o espazo. Recuperar o espírito orixinal do edificio potenciando novas conexións físicas e visuais.”

Obra: Transformación dun antigo Almacén en estudio NUA
Arquitectos: Maria Rius, Arnau Tiñena, Ferran Tiñena. (NUA Arquitectures)
Situación: Baixada de toro nº5, Tarragona, Cataluña, España
Ano: 2015
Empresa constructora: Baumester SL.
Carpinteria: Rels.
Presuposto de contrato: 10.520€ (reforma: 5.444€, mobiliario: 5.076€).
Superficie: 32m²
Fotografía: NUA Arquitectures
+ nuaarquitectures.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamiento terciario, obras, reforma interior, rehabilitación

Tags: , , , , , , , , , , , , , ,