Parque e Centro Interpretación do Arte Rupestre | RVR Arquitectos

Este edificio sitúase dentro do parque arqueolóxico da arte rupestre, acolle espazos expositivos abertos ao público e outros de investigación de uso especializado.

Está situado ao sur da área arqueolóxica, e forma con ela un proxecto unitario de intervención na paisaxe, encamiñada á recuperación de toda a área e á comprensión da relación simbólica e topolóxica dos grupos de gravados co territorio en que se sitúan.

O Centro formúlase como unha antesala do parque arqueolóxico, que prepara o visitante para o percorrido por este, non só mediante os contidos do programa museístico senón tamén coa creación dun espazo que contribúa a que a visita sexa un acontecemento no que os aspectos culturais e lúdicos se fundan cos vivenciales, intensificando a percepción.

Accédese ao edificio a través dun gran pórtico cuberto configurado como un espazo de recepción e espera que o articula funcionalmente: cara ao lado oeste os espazos de cafetaría e tenda, cara ao lado este os espazos de exposicións, semienterrados respecto ao nivel exterior do chan.

Sobre eles sitúanse as áreas de administración e documentación, que terán un uso máis restrinxido e especializado. Do gran pórtico aberto parte a rede de sendeiros que leva aos diferentes grupos de gravados rupestres.

O aspecto exterior do edificio, recuberto de lousas de granito que se solapan para que a auga da chuvia discorra sobre elas, é o dunha gran rocha que emerxe do terreo, a súa silueta pérdese entre as árbores, aínda que se albisca levemente dende o outro lado do val.

A súa xeometría non crea espazos exteriores, máis alá dos espazos de aparcadoiro, afastados e deprimidos respecto á cota do chan para ocultar os coches, o exterior é o espazo natural co seu microcosmos de vexetación e vida animal.

No interior, o visitante que percorra as salas de exposición ten como única referencia do exterior a luz penumbrosa e os sons que lle chegan dende os grandes ocos abertos no teito, os sons da chuvia ou do vento nas árbores, dos paxaros e os insectos en verán.

A tenue luz interior contribúe a potenciar aquelas sensacións máis auditivas e táctiles que visuais, que nos remiten a formas de percepción máis próximas ás persoas que habitaban o lugar hai miles de anos: sensacións como o movemento do aire, as texturas dos materiais, a sonoridade, a leve inclinación do chan nas áreas de recepción, axudarán a familiarizarnos co mundo que o percorrido expositivo pretende explicar.

Obra: Parque e Centro Interpretación do Arte Rupestre

Emprazamento: Campo Lameiro, Pontevedra. Galicia. España

Autor: RVR Arquitectos (Alberto Redondo+José Valladares+Marcial Rodríguez)

Ano: Proxecto: 2002/04. Construcción: 2005-2009

Memoria: RVR Arquitectos

Fotografías: Aitor Muñoz | Tono Mejuto | Héctor Santos-Díez | BISimages | RVR Arquitectos

+ rvr-arquitectos.es

Recoñecementos

Premio ENOR Galicia 2011

Primeiro premio do concurso de ideas

Publicaciones

PAAR–Parque Arqueológico del arte Rupestre de Campo Lameiro. 2011

Galicia. Turismo de Galicia. 2011

Tectónica 35. 2011

Dardo Magazine nº 19-20. 2011

V Premio de Arquitectura Ascensores Enor. 2011

Recuperar el patrimonio con el 1% cultural 2004-2011. 2011

Arquitectura COAM 359. 2010

Atlantida. Galicia and northern Portugal. 2009

rvr arquitectos 1996-2008. 2009

IV Congreso Internacional sobre Musealización de Xacementos Arqueolóxicos. 2006

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre. 2005

A rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico. 2005

Novos espacios para novas necesidades: Centros de Interpretación do patrimonio arqueolóxico en Galicia. 2004

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamento cultural, equipamiento dotacional, espacio publico, obras

Tags: , , , , , , , , , , , , , , ,