Mies

4.7 (93.33%) 3 vote[s]

MIES novela gráfica Agustín Ferrer Casas,

No transcurso do voo a Berlín Occidental para acudir á colocación da primeira pedra da Galería Nacional, o famoso arquitecto Mies van der Rohe fai balance da súa azarosa vida co seu neto, o tamén arquitecto Dirk Lohan. Recordos das épocas máis convulsas do século XX nos que se mesturan proxectos, clientes, socios, adversarios, amigos, amantes…

En definitiva, unha intensa vida marcada pola ambición por construír. Pero sobre todos eles, a memoria nítida dun feito que non pode esquecer e que sempre mantivo en segredo.

– En 2019 cúmprese o 50 aniversario da morte de Mies Van der Rohe.

– Dirixiu a vangardista escola Bauhaus ata o seu peche pola chegada dos nazis.

– Unha viaxe a través delos momentos máis importantes da historia do Século XX.

Un cómic de Agustín Ferrer Casas.

MIES novela gráfica Agustín Ferrer Casas 2

Coincidindo co 50 aniversario da morte de Mies van der Rohe, o seu autor Agustín Ferrer Casas,, fai un percorrido pola vida e obra do xenial arquitecto. Unha viaxe pola historia vista a través dos ollos dun home obsesionado por construír. Alguén que viviu os momentos máis convulsos do século XX: dúas Guerras Mundiais, o auxe do nazismo, o rexurdir de Estados Unidos como primeira potencia mundial ou o nacemento das vangardas.

Foron catro anos de intenso traballo e ardua documentación. O álbum contou coa inestimable participación de Anatxu Zabalbeascoa, inspiradora deste proxecto a través dos seus escritos sobre Mies van der Rohe en medios como o diario El País.

E comprácenos anunciar que contamos coa colaboración de Norman Foster, que abre esta obra cun elocuente prólogo.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , , ,