“Infantario en Moledo”, unha gardaría de Sergio Fernandez e Alexandre Alves Costa | Luis Gil Pita – Cristina Nieto Peñamaría

Dominio, espazo á nosa volta e bordo

Dominio é control do espazo ao noso ao redor, das cousas da contorna na distancia marcada pola función a realizar e non só. Marcas e distancias dadas polos usos a practicar desde un lugar orixinal. Dominio é tamén buscar sitio, localizarse, situarse e asentarse, tarefa nada fácil, e de igual forma distribuír, reorganizar, equilibrar, xa sexa de xeito espontáneo como na natureza ou de forma planeada como fai a arquitectura.

O conflito é a marca que sinala onde terminan ou empezan outros espazos colindantes. Da posible armonización dese conflito resultará a natureza do colectivo, un reequilibrio de forzas que organiza a colonización dos espazos e os intersticios que permiten os pasos e movementos. Só hai que observar a disposición dos corpos nas abarrotadas praias en época estival.

Gardería en Moledo do Minho. Portugal | Imaxes cedidas por Atelier 15 (Sergio Fernandez-Alexandre Alves Costa)

Úsase, ocúpase máis que o propiamente substancial. As persoas, os animais e as cousas parecen estenderse, debido á súa natureza e ás funcións que lle son propias, máis aló do seu ámbito ou espazo físico primeiro, coma se fosen minerales radiactivos ou metais magnetizados, igual que nos queimamos coa enerxía do lume antes de tocar a chama.

Unha gardería e o seu oposto

Cada día máis, hai que dar as grazas por ter tan preto da man obras de arquitectura de gran altura, que aínda que non se deixen ver, por pudor, si déixanse descubrir cun pequeno esforzo. Algunhas destas arquitecturas están tan próximas que se confunden na fronteira entre dous países, entre Galicia e Portugal. Un deses espazos liminares de encontro arquitectónico é Moledo do Minho en Caminha, lugar de extraordinaria densidad de pequenas-enormes arquitecturas e de nomes que deron tanto á arquitectura contemporánea portuguesa como á europea, e en particular tamén a nós os arquitectos españois un gran exemplo. Queriamos falar nestas escasas letras quizais da máis pequena, humilde e talvez descoñecida destas arquitecturas, o infantario de Moledo, que xunto a outros pequenos equipamentos e casas dos arquitectos Sergio Fernandez- Alexandre Alves Costa (Atelier 15), Alvaro Siza, Souto de Moura e outros falan da intensidade e alta cultura arquitectónica de Portugal.

Unha gardería en Moledo do Minho que ilustra o crecemento dun proxecto a través da correcta interpretación do uso, da función, da dimensión que ambos xeran, tanto na concreción do espazo interior de cada unha das pezas como na súa articulación xeral na planta de situación. Unha figura pura, o cadrado, engadida a si mesma as veces precisas, tres, compón a planta xeral. Un mesmo elemento que se constrúe baixo a mesma técnica, baixo una mesma configuración, pero que alcanza significados finais ben distintos, aínda que complementarios. O primeiro volume, que se repite en espello para configurar o acceso, énchese, péchase recollendo as funcións demandadas e propias a unha guardería, ao redor dunha estufa e un moble que organiza o núcleo central. O segundo, transición ao patio, baléirase, faise permeable e pódese cruzar. É un espazo exterior coa mesma configuración arquitectónica que os anteriores. É aberto pero garante a protección fronte á inclemencia exterior primeira, a choiva. Tamén é unha guardería e non. Un é espazo pechado, para impartir aulas a quentar por unha cheminea, o outro aberto, cun núcleo de area e auga para o xogo, é atravesable e transparente.

Gardería en Moledo do Minho. Portugal | Imaxes cedidas por Atelier 15 (Sergio Fernandez-Alexandre Alves Costa)

Aínda así, alterando claramente as funcións, as dimensións que eses usos dispares e opostos ofrecen son parellas e a arquitectura escapa á forma para representarse só na dimensión, na distancias, nas separacións entre as cousas.

Arquitectura que resulta dun sosegado e sutil xogo de opostos, na procura de equilibrio ao problema do atopado e antitético, encher e baleirar, Twin Phenomena ao xeito de Aldo van Eyck. Subvertir e que a arquitectura como resultado dea o mesmo: botella baleira que comeza a encherse por abaixo e botella chea que ha de baleirarse primeiro por arriba e que ao final, baleirando ou enchendo, a maxia da auténtica arquitectura permaneza inalterable.

Gardería en Moledo do Minho. Portugal | Imaxes cedidas por Atelier 15 (Sergio Fernandez-Alexandre Alves Costa)

Existe sempre un núcleo fundamental, orixe que fai de referencia e desde onde se proxecta certa enerxía cara ao exterior, onde ao final nace a forma. Esa orixe, función ou uso, é o que máis tarde formula a arquitectura, función que crece e prolóngase dándonos a dimensión coa que traballaremos. Regras do xogo, marcas que o organizan e limitan e que se converterán nas liñas pintadas no chan do campo de xogo, como as paredes e os muros de cerramento da arquitectura pero de altura cero e todo iso moito antes do procurado equilibrio forma-función.

Luis Gil+Cristina Nieto. arquitectos

santiago de compostela. agosto 2013

* Texto entresacado do elaborado para un aula aos alumnos de proxecto da Facultade de Arquitectura de Oporto, FAUP , en mayo de 2003 de título: Dominio, espazo á nosa volta e bordo. Unha guardería de Sergio Fernández e Alexandre Alves Costa e tres casas de Manuel Galego.

Luis Gil Pita

Arquitecto por la ETSA de A Coruña en 1997, desde ese año colabora en el estudio de Manuel Gallego Jorreto hasta 1999. Becado de investigación en Holanda en 2000-1, con un estudio sobre lo fronterizo y liminar en arquitectura, por la Diputación de A Coruña, fue posteriormente Profesor invitado en el área de proyectos de la Facultad de Arquitectura de Guimaráes, Universidade do Minho, del 2001 hasta el 2007. Desde el inicio de su carrera ha publicado asíduamente artículos y ha participado como editor en diferentes publicaciones alrededor de la arquitectura.

follow me

Arquivado en: artigos, Luis Gil Pita

Tags: , , , , , , , , , , , , , , ,