Foros 2012. Modos de Ver. Juhani Pallasmaa. Space, Place and Atmosphere. Peripheral perception and emotion in architectural experience


O vindeiro martes 10 de maio, dentro da programación do ciclo de conferencias “Foros Esarq 2012: Modos de ver” que organiza A Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universitat Internacional de Catalunya, ESARQ-UIC, o prestixioso docente, arquitecto e xurado dos Premios Pritzker Juhani Pallasmaa impartirá un relatorio baixo o título “Space, Place and Atmosphere. Peripheral perception and emotion in architectural experience.” (Espazo, lugar e atmosfera. A percepción periférica e a emoción na experiencia arquitectónica). O acto, que será aberto ao público, terá lugar ás 19:00 horas no Aula Magna do Campus Barcelona da UIC e servirá para reflexionar sobre a arquitectura dos nosos tempos, a partir da visión de Pallasmaa, e descubrir como inflúe a percepción persoal na experiencia arquitectónica.

Juhani Pallasmaa asegura que os profesionais da arquitectura “temos unha asombrosa capacidade para captar de inmediato a atmosfera”. Por este motivo, “a percepción inconsciente, periférica e desenfocada da realidade ten un papel crucial na nosa comprensión”, prosegue o arquitecto.

Título: Juhani Pallasmaa. Space, Place and Atmosphere. Peripheral perception and emotion in architectural experience

Data: Martes 10 de maio 2012

Hora: 19.00h

Lugar: ESARQ-UIC (Aula Magna -C/Immaculada, 22, 08017 Barcelona-)

Organiza: ESARQ‐UIC (Escuela Técnica Superior de Arquitectura de la Universitat Internacional de Catalunya)

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, evento

Tags: , , , , , , , ,