Escola Infantil en A Baiuca | Abalo Alonso Arquitectos

A escola atópase no límite do centro urbano, onde este confúndese xa co rural. E coa memoria colectiva, física mesmo aínda, das antigas instalacións industriais próximas presente. Unha serie de volumes, case infantís, xúntanse cal casiñas dalgún dos “rueiros” que se suceden pouco máis aló. E en terras de carpinteiros,

de que, se non madeira, podería ser nosa escola?

Escuela Infantil en A Baiuca Abalo Alonso Arquitectos o7 into3

O esquema funcional é moi sinxelo. Tres bandas lonxitudinais recollen as necesidades do programa. Ao norte, administración e servizos; ao sur as aulas e, no centro, a sala de usos múltiples e distribuidor xeral do edificio.

O acceso principal prodúcese desde a fachada este, a única en contacto coa rúa. Ao longo da fachada norte proponse un percorrido de servizo, para entrada de persoal, subministracións e mantemento de instalacións.

O corpo central, aínda que carece de particións, está modulado espacialmente polo xogo de cubertas e lucernarios que animan e cualifican o espazo; matizan o impacto acústico e favorecen a entrada de luz natural e ventilación. Esta cualificación espacial, sen ser drástica, permítenos diferenciar visualmente áreas sucesivas e, consecuentemente, utilizalas en diferentes momentos do día ou para diferentes actividades.

A franxa sur contén as aulas. Sensiblemente cadradas, cunha parte de xogos de lado a lado, outra de hixiene e outra de descanso. A zona de hixiene, en fachada, permítenos gozar de control, luz e ventilación natural. A zona de descanso, cara ao interior, facilita usos relacionados cos audiovisuais ou, simplemente, estruturar a aula en diferentes ámbitos.

Sistema estrutural de muros de carga de abeto contra laminado, illados en fachadas e trasdosados con táboa de piñeiro tratada ao autoclave acabada con lasur. Cuberta de dobre taboleiro sobre correas de madeira laminada, illamento e zinc. Carpinterías de madeira; trasdosados e tabiques de cartón xeso e pavimentos industrializados.

Obra: Escola Infantil en A Baiuca.
Emprazamento: Avenida Benito Vigo 106. 36680 A Estrada. Pontevedra. España.
Proxecto: abalo alonso arquitectos. Elizabeth Abalo, Gonzalo Alonso, Francisco González.
Dirección de obra: abalo alonso arquitectos. Elizabeth Abalo, Gonzalo Alonso.
Arquitecto técnico: Francisco González Varela.
Colaboradores: Luis Adrán, arquitecto. Madeiras Besteiro. Adolfo Montero. Cálculo de estruturas. Gaia Enxeñería. Cálculo de instalacións. Spotlux. Manuel Carazo. Asesoría iluminación. Cis Madeira. Manuel Touza, Azahara Sólan. Asesoría madeira.
Promotor: Concello de A Estrada. Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Construcción: Ute Petrolam Construcciones Galasur. Jefe de Obra, Cándido López Blanco. Encargado: José Manuel Luna.
Industriais: Estrutura de madeira: Egoin. Iluminación ornamental: Arturo Alvarez.
Redacción de proxecto: Concurso 11.12.2015, adxudicación 08.03.2016,
Proxecto básico: 25.04.2016, proxecto de execución 26.07.2016
Fin de obra: 10.07.2018
Presuposto total: 777.504,86 €
Superficie construida: 767,50 m2
Fotografía: Héctor Santos-Díez | BISimages
+ abaloalonso.es

Recoñecementos.
– 1º premio concurso de proyectos 2016
– Premio GdA 2018. Coag Vigo
– Premio Luces de Arquitectura. Arquitectura con Eñe. Ifema Coam. Madrid 2018.
– Mención Premio Ventana. Arquitectura con Eñe. Ifema Coam. Madrid 2018.
– Finalista XVIII Premios Coag. Ferrol 2019.
– Seleccionado Premios Fad. Barcelona 2019.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamento docente, equipamiento dotacional, obras

Tags: , , , , , , , , , , , ,