David Frutos-Héctor Santos-Díez · fotografía | BISimages

Afondando no binomio arquitectura e fotografía, querémosvos presentar BISimages (Built In Spain) é unha axencia de fotografía especializada en arquitectura española, cuxos responsables son dous fotógrafos, David Frutos (residente en Murcia) e Héctor Santos-Díez (residente en A Coruña)

Según os seus promotores:

“BIS desenvolve un dobre labor: distribución das reportaxes que conforman o seu arquivo e axencia de servizos fotográficos para a realización e xestión de reportaxes en toda España”.

Ademais como axencia de servizos fotográficos dispón dunha rede de fotógrafos especializados en arquitectura cos que colaboran habitualmente e que pon ao servizo dos seus clientes.

As súas reportaxes pódense ver regularmente en revistas como Arquitectura Viva, Deseño Interior, El País Semanal, a coreana C3 ou a alemá AiT, por citar só uns exemplos. Tamén en diversos artigos en medios on line de divulgación e difusión como Plataforma de Arquitectura ou esta mesma casa.

Deixámosvos con esta pequena entrevista que tivemos a sorte de realizar e á que amablemente estiveron dispostos a concedernos.

118 vivendas en Coslada. ACM arquitectura | Fotografía: David Frutos

¿Que vos levou a abrirvos camiño na fotografía de arquitectura?

No caso de David debeuse a que cando estudaba en Madrid compartía piso con estudantes de arquitectura. Así que empezou facendo fotos para eles.

Ao meu levoume a iso un conxunto de cousas que coincidiron no tempo. O fastío de seguir na ETSA, as ganas de gañarme a vida, a casualidade de conseguir varios encargos á vez, e entrar a colaborar co grupo Globus Comunicación (Deseño Interior e 20Casas).

¿Encontrástesvos con moitas dificultades na súa posta en marcha?

Se e non. Os fotógrafos que montamos BISimages xa tiñamos todos unha traxectoria consolidada e gran carga de traballo. Así que todos coñeciamos o negocio e nutrir ao arquivo de material que crecera día a día nunca foi un problema.

Os rompedeiros de cabeza sempre foron de tipo loxístico e organizativo. Crear unha empresa sempre é absurdamente laborioso.

Pero creo que nos fomos adaptando perfectamente ás necesidades. Por exemplo, cando se creou BIS pensabamos case exclusivamente niso como un arquivo para distribuír as nosas reportaxes, e cos anos a parte de axencia, para dar resposta a empresas que necesitan crear as súas propias fotos, ten tanto ou máis peso que o arquivo.

¿Considerades que estudar Arquitectura foi un pasaporte fundamental para chegar ao voso traballo actual?

No meu caso creo que se. É evidente que me formou no xeito de entender os espazos e a construción. Que me dotou dun criterio. Ademais permitiume ter unha serie de relacións para poder empezar a miña traxectoria profesional.

Hai moito fotógrafo de arquitectura que estudou arquitectura, pero non é necesario. E non hai mellor exemplo que ver a obra do meu socio David Frutos.

Vivenda en Tebra. Irisarri + Piñera| Fotografía: Héctor Santos-Díez

¿Estades contentos cos obxectivos alcanzados?

Si. Estamos moi satisfeitos. Aínda hai unhas cantas liñas de traballo que nos propoñemos explorar pero hai que ir paso a paso. O momento actual de BIS é moi bo, pero a idea sempre é mellorar e ir adaptándose ao mercado.

¿Animarías outros arquitectos a seguir os vosos pasos? ¿Que pasos considerades que deberían dar? ¿Como completar os seus estudos? ¿Que outros consellos lles darías?

Dar consellos sempre é complicado, pero creo que hai que empezar as cousas con optimismo, aínda que non sexa doado.

E a idea de unirnos varios fotógrafos para crear unha empresa conxunta que complemente a actividade individual de cada un de nós creo que é moi positiva. Iso permítenos chegar a sitios do mercado que de xeito individual nos sería moi complicado cubrir. Esa unión de forzas se creo que é moi aconsellable.

Parque Científico de Espinardo. Retes arquitectos | Fotografía: David Frutos

¿Credes que os arquitectos en España deberiamos seguir abrindo novas vías de traballo para saír da casa máis “tradicional” de proxectar dada a actual situación da construción no noso país?

Certamente unha das cousas boas de cursar arquitectura é que se trata dunha carreira que toca moitos paus e iso debería axudar a abrir campos de actuación.

¿Que opinades dos que se foron a traballar ao estranxeiro?

O que máis pesa na miña opinión sobre este tema é ser consciente do motivo polo que se foron. Así que me parece que é un pena que haxa que chegar a iso, e espero que teñan sorte.

Piscina privada. Picnic Estudio | Fotografía: Héctor Santos-Díez

David Frutos-Héctor Santos-Díez · fotografía | BISimages

agosto 2014

Entrevista realizada por Ana Barreiro Blanco e Alberto Alonso Oro. Agradecer a Héctor e a David o seu tempo e predisposición con este espazo.

Alberto Alonso Oro

Arquitecto y editor en veredes, arquitectura y divulgación. Invernalia es un buen lugar. A veces escribo en Fundacion Arquia.

follow me

Arquivado en: Alberto Alonso Oro, Ana Barreiro Blanco, baliza

Tags: , , , , , , , , , , , ,