Casa MERA | soma arquitectura


Casa MERA soma arquitectura o17 int014

Nesta casa  de planta baixa exponse un sistema, en concreto o M.E.R.A. (Multisistema de eliminación de Percorridos Absurdos), que non é outra cousas que procurar que os corredores non o sexan. Para iso desenvólvese un esquema franxas de cadrados e proporcións áureas que, desfasadas, concatenan os espazos diagonalmente.

Estas franxas identifícanse no exterior na cuberta, xerando un dente de serra que corta o ceo e que, dalgunha maneira, dille aos deuses meteorolóxicos galegos que está preparada para o que veña.

Xa está. Dentro só buscar a caixa baleira en cada estancia, só buscar ser fondo, só buscar paz, só buscar recunchos, só mera arquitectura.

Obra: M.E.R.A. Vivenda unifamiliar
Autor: Soma Arquitectura (Inés García Dintén, Susana Vázquez Rodríguez, Fernando Martínez López, Miguel Carballido Pensado)
Ano: 2016
Emprazamento: Mera. A Coruña. Galicia. España
Constructora: Aticoruña
Fotografías: Roi Alonso
+ somaa.es

veredes
veredes Administrator
Surge enero de 2009 como búsqueda de satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio. Además de ofrecer la inmediatez de las noticias, se puede buscar información a través de distintas clasificaciones.
follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, vivienda unifamiliar

Tags: , , , , , , , , , , , , ,