Breviario de Ronchamp - veredes

Breviario de Ronchamp


Breviario de Ronchamp

“E se consagrar (sacrare) era o termo que designaba a saída das cousas da esfera do dereito humano, profanar significaba, á inversa, devolver as cousas ao libre uso da xente.”

Giorgio AgambenElogio della profanazione.

Devolver ao libre uso do común a obra de Lle Corbusier en Ronchamp: tal sería o desexo deste Breviario.

Le Corbusier padeceu en 1948 o fracaso do seu proxecto da Sainte- Baume, fulminado pola prohibición das autoridades da Igrexa católica francesa. Pero no cruzamento entre o camiño de terra, por onde entraban no que sería Francia as poboacións nómades desde a Prehistoria, e o camiño da auga, que une as fontes e os cursos do Rin e do Ródano, Le Corbusier conseguiu converter unha vella capela católica nun monumento á presenza humana, identificada coa liña vertical que crea o noso corpo en pé sobre a terra, ligándoo a ese outro monumento que el mesmo levantou moi preto de aquí: a torre de control da esclusa Kembs- Niffer, que dirixe a marcha horizontal das augas..

Josep Quetglas Ruisech (Palma, Illas Baleares, 1946) é Catedrático da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade Politécnica de Cataluña e autor de numerosas publicacións de teoría e crítica da Arquitectura. Foi galardoado coa medalla FAD (2002), o Premio Nacional de Arquitectura e Espazo Público da Generalitat de Catalunya (2009) e o premio Ramon Llull da Comunidade Autónoma das Illas Baleares (2011). En 2002 fundou e dirixiu o anuario Massilia. Annuaire d’etudes corbuséennes que, dende 2012, edita a Foundation Le Corbusier de París.

Seus son libros como La casa de Don Giovanni (1996), El horror cristalizado: imágenes del Pabellón de Alemania de Mies van der Rohe (2001), Pasado a limpio I (2001), Pasado a limpio II (2002) e Oiza, Oteiza: línea de defensa en Altzuza (2004), Artículos de ocasión (2004), Le Corbusier et le livre (2005), Casa en Mallorca. Alvaro Siza (2010), Aurora Picornell. Escrits 1930-1936 (2013), Ronchamp: A landscape of Visual Acoustics (2014), Restos de arquitectura y crítica de la cultura (2017), Breviario de Ronchamp (2017). É un dos maiores expertos mundiais en Le Corbusier, ademais de editor das súas obras completas en España.

veredes
veredes Administrator
Surge enero de 2009 como búsqueda de satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio. Además de ofrecer la inmediatez de las noticias, se puede buscar información a través de distintas clasificaciones.
follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , , ,