Berenice Abbott. Pioneira, moderna, audaz propón un exhaustivo percorrido pola traxectoria da fotógrafa estadounidense ( Springfield, Ohio, 1898 – Monson, Maine, 1991). A súa obra, unha das máis cativadoras da fotografía norteamericana da primeira metade do século XX, fixo de ponte entre a vangarda do vello continente e a crecente escena artística da costa este de Estados Unidos dos anos 1920 e 1930.
A obra de Abbott é un reflexo da súa gran habilidade para identificar e retratar os cambios da súa contorna. En conxunto, as súas fotografías constitúen un excepcional retrato da modernidade do novo século, idea sobre a que pivota a presente mostra.
A exposición, estruturada en tres secciones temáticas, percorre a súa carreira a través de case duascentas fotografías de época. Entre elas, en diálogo coas da fotógrafa norteamericana, expóñense once fotografas de Eugène Atget positivadas pola propia Abbott a finais da década dos 1950.

París. Apenas tres años después de trasladarse a Nueva York, Abbott viaja a Europa y se instala en París, donde empieza a trabajar en el estudio de Man Ray y entra en contacto con la fotografía. A través de Man Ray conoce a Eugène Atget, cuya obra le despierta una gran admiración. Durante varias décadas se dedicará a promocionarla y a alentar su coleccionismo en los Estados Unidos, convirtiéndose en figura clave para la fortuna crítica e historiográfica del fotógrafo.
Modernidade. A idea de modernidade invade todo o traballo de Abbott, desde os seus retratos dos artistas e intelectuais máis vangardistas do momento, pasando polas súas asombrosas vistas da cidade de Nova York, ata as súas fotografías de tema científico nas que retrata os resultados de diversos fenómenos e experimentos. É tamén un reflexo da modernidade da propia Abbott, do seu carácter vangardista e audaz.
París. Apenas tres anos despois de trasladarse a Nova York, Abbott viaxa a Europa e instálase en París, onde empeza a traballar no estudo de Man Ray e entra en contacto coa fotografía. A través de Man Ray coñece a Eugène Atget, cuxa obra espértalle unha gran admiración. Durante varias décadas dedicarase a promocionala e a alentar o seu coleccionismo nos Estados Unidos, converténdose en figura crave para a fortuna crítica e historiográfica do fotógrafo.
Nova York. En 1929 Abbott regresa a Nova York e embárcase na produción do seu maior corpus de traballo: a documentación fotográfica do crecemento desta cidade. Desenvolve este proxecto de forma independente ata que, en 1935, logra financialo con axuda estatal. As imaxes, publicadas baixo o título de Changing New York en 1939, son reflexo da xenial habilidade da fotógrafa en percibir as posibilidades infinitas que ofrece Nova York para plasmar a modernidade dos novos tempos.
Documento? As fotografías que crea Abbott son moito máis que documento. Aínda que a súa intención é fuxir das supostas artificiosidades da arte, o resultado visual é tan rico e diverso que dificulta categorizarlas baixo o adxectivo “documental”. Os seus retratos e as imaxes de tema científico que desenvolve desde fins dos 1950 en colaboración co Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, son exemplos, presentes na mostra, característicos desta dualidade.
A exposición foi producida por Fundación MAPFRE e comisariada por Estrela de Diego, catedrática de Arte Contemporánea da Universidade Complutense de Madrid e membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Para a súa realización contamos con fondos procedentes dalgunhas das máis importantes coleccións estadounidenses: The New York Public Library, The George Eastman Museum (Rochester, Nueva York), The Howard Greenberg Gallery (Nueva York), The International Center of Photography(Nueva York), the MIT Museum (Cambridge, Massachusetts) y The Museum of the City of New York.
Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.