2G N.57 Njiric+Arhitekti

Os países da antiga Iugoslavia están a vivir nos últimos anos interesantes procesos de transformación cultural e arquitectónica. O empeño en afirmar novas identidades nacionais grazas á construción de edificios públicos e institucionais símbolos dos novos países, deu lugar a moi boas oportunidades para os arquitectos. Desde a súa fundación en 2001, tras a escisión do estudo njiric njiric, o traballo do despacho croata njiric  arhitekti, dirixido por Hrvoje Njiric, desenvolveu un intenso labor como activador da arquitectura croata e como investigador de novas tipoloxías de equipamentos públicos e vivenda colectiva.

Neste número de 2G preséntanse 17 obras e proxectos de diferente escala desenvolvidos no seu maior parte en Croacia. A selección inclúe desde propostas de vivenda colectiva (como os grupos de vivendas de Graciano e Markusevec, ambos nos arredores de Zagreb), un desenvolvemento tipológico de gardarías e escolas primarias (entre as que destaca a gardaría MB de Zagreb), até edificios universitarios (Facultade de Dereito de Split ou a Biblioteca da Universidade de Zadar), unha biblioteca en Rijeka, un estadio en Zagreb, un hotel na costa dálmata, un asentamento para xitanos ou un pavillón efémero en Zagreb.

A selección de obras vén precedida por dous textos introductorios escritos por Stephen Bates (do estudo británico Sergison Bates) e Yoshiharu Tsukamoto (do estudo xaponés Atelier Bow-Wow), e na sección nexus publícase ‘O enfoque’, unha serie de reflexións do propio Hrvoje Njiric ao redor dos problemas e retos da práctica arquitectónica contemporánea, seguida dunha interesante conversación mantida entre o arquitecto croata e o seu colega madrileño Juan Herreros. Con esta nova entrega da revista 2G inauguramos unha nova etapa na que ampliamos o número de páxinas para poder desenvolver en maior profundidade as explicacións dos proxectos e incluír máis información detallada.

2G N.57 njiric+ arhitekti

Textos: Stephen Bates, Yoshiharu Tsukamoto, Hrvoje Njiric, Juan Herreros

23 x 30 cm

176 páxinas

Castelán, Inglés

ISBN: 9788425224133

Rústica

2011

Nueva revista 2G con 32 páginas más

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: publicacións, revistas

Tags: , , , , , , , , , ,