Sofía López Díaz y Manuel López Carregal · Educación | pequeñaESCALA

Hoxe achegámonos ata Oviedo, para coñecer unha pequena iniciativa impulsada por Sofía López, aparelladora de profesión, e Manuel López, arquitecto e docente por vocación.

“Unha profesión tan antiga e determinante no deseño e imaxe das nosas cidades e a nosa forma de vivir que pasa case inadvertida polos currículos educativos oficiais.”

Os nenos e nenas de hoxe son os homes e mulleres do mañá, por iso é absolutamente necesario formalos como cidadáns críticos e educalos, con carácter construtivo e sen pretensión de condicionar vocacións, para que sexan conscientes e responsables co seu ámbito.

Así nace pequeñaESCALA, un proxecto, que pretende achegar aos nenos o mundo da arquitectura e a construción.

“Soñar, planear, explorar, investigar, pensar, imaxinar, debuxar, calcular, medir, resolver, representar, traballar en equipo, falar en público, expresar ideas e, ás veces, demoler para volver construír”, son só algúns das accións que se desenvolven nos distintos talleres que organizan en pequeñaESCALA.

pequeñaESCALA conta cun equipo multidisciplinar, formado por colaboradores provenientes doutros campos, como a psicoloxía, a enxeñaría e a construción, representados por Raúl López, Fernando López e Cristina Imaz respectivamente.

Deixámosvos coa entrevista que nos concederon para coñecer de primeira man o seu proxecto e as súas impresións sobre temas de actualidade.

Obradoiro de pequeESCALA | Fotografía: pequeESCALA

¿Cal foi a vosa formación e traxectoria profesional previa a “pequeña ESCALA”?

Sofía: Formación en Arquitectura Técnica e unha traxectoria profesional de 10 anos en Edificación en xestión económica e de equipos humanos.

Manuel: Arquitecto pola ETSAC e Máster en educación secundaria. Fundador de NODALMODE SLP. Actualmente colaborando con pequena escala e SA31.

¿Que vos levou a abrirvos camiño na educación? ¿Por que principalmente con nenos?

Sofía: A idea dos talleres infantís vinculados co mundo da Arquitectura e a Construción xorde como moitas ideas nestes tempos, por unha case forzada evolución profesional, que leva a buscar camiños novos. Hai tres anos faláronme de Chiquitectos en Madrid, púxenme en contacto con eles e transmitíronme unha idea que me entusiasmou. A partir de aquí, quixen emprender algo similar en Asturias. Creo que o noso sector necesita achegarse á sociedade dunha forma nova, sobre todo aos que serán os cidadáns do futuro.

Manuel: Sempre estivo aí latente unha vocación de profesor, os meus pais son profesores, e sempre estiven en contacto con este mundo. Ao final non sabes cando dar un xiro ou un cambio de terzo e xurdiu esta oportunidade con Sofía.

Obradoiro de pequeESCALA | Fotografía:pequeESCALA

¿Tiñades algunha experiencia previa?

Sofia: No meu caso tiven experiencias de formación, pero só con colectivos de adultos e enfocados á Prevención de Riscos Laborais na Construción. Sementar no público infantil é infinitamente máis gratificante.

Manuel: Colaborei con colexios axudando a levar a cabo pequenas actividades na área de infantil.

¿Encontrástesvos con moitas dificultades?¿Cales foron as máis problemáticas?

Manuel: O máis problemático é encontrar axuda económica para sacar adiante algo como isto. Sé que é o de siempre…..pero é verdade, cun mínimo apoio todo sería un pouquiño máis sinxelo. Despois á hora de traballar, os nenos son persoas super receptivas e é moi gratificante.

Sofía: Transmitir o valor que nós lle damos ao que pode achegar pequeñaESCALA é o máis difícil. Facer comprender que non buscamos reconducir vocacións, senón valores cívicos, como o traballo en equipo ou o respecto polo ámbito. Dos nenos que van a fútbol, só un ou dous chega a destacar en idade adulta, coas clases de ballet adoita pasar o mesmo ou co tenis. Non obstante investimos nestas actividades para os nosos fillos, porque sabemos que achegan outros valores.

¿Estades contentos cos obxectivos alcanzados?

Sofía: Aínda estamos na liña de saída e en momento de sementar. Estamos contentos coa acollida entre compañeiros e pais e despois dun taller, sempre saímos con boas sensacións e animados a seguir.

Manuel: Como di Sofía, estamos aínda a empezar, as sensacións son moi boas e a ilusión está a tope.

Obradoiro de pequeESCALA | Fotografía:pequeESCALA

¿Considerades que estudar Arquitectura foi un pasaporte fundamental para chegar ao voso traballo actual?

Manuel: Non sei cal é o meu traballo actual…estudiar Arquitectura faite ter moitas e diferentes perspectivas doutros campos, os talleres sempre os enfocamos cun punto de conexión ás nosas carreiras. Actualmente valórase pouco o traballo dun aparellador ou dun arquitecto. Non se coñece a profesión e xúlgase inxustamente, porque arrastramos unha fama doutra época. Cos talleres tratamos de achegar e de dar a coñecer aspectos da nosa profesión

Sofía: No meu caso, como Aparejadora, creo que foi máis determinante coordinar Obras de gran volume, que os estudos en si mesmos. En ocasións parécense moito a unha gardaría, hai que estar con mil ollos.

¿Que expectativas e proxectos de futuro tedes para “pequeña ESCALA”?

Sofía: Eu deime un prazo de dous anos para desenvolver de todo a idea. Temos sempre en mente algo parecido a unha Escola, cun espazo propio e cunha programación anual. A curto prazo o obxectivo é compaxinar a experiencia, con gañar unhas lentellas. Non falaría de expectativas a moi longo prazo.

Manuel: Difícil de prognosticar, queremos gozar da experiencia e intentar chegar cada vez a máis xente, temos que ir pouco a pouco pero a intención é poder desenvolver estes talleres e convertelos en algo máis.

¿Compagináis o complementáis esta actividad con otras labores o en otros campos?

Manuel: Sempre se colabora con compañeiros e tratas de manterche activo na profesión pero cada vez apetece máis envorcarse neste tipo de actividades e iniciativas, pouco a pouco pequeñaESCALA gaña terreo.

Sofía: No meu caso pequeñaESCALA é un complemento á actividade profesional, pero cada vez invisto máis tempo en desenvolver o proxecto.

¿Son rendibles este tipo de iniciativas?¿Sentidesvos ben remunerados pola labor que realizades?

Manuel: Rendibles economicamente, de momento, No… pero non buscamos un beneficio económico, se chega mellor… é case un obriga facer este tipo de cousas, o mundo da Arquitectura pasa desapercibida nos colexios e institutos, intentamos achegar unha pincelada de algo que consideramos fundamental, pensamento crítico.

Sofía: Se tivésemos comezado a realizar estes talleres por un motivo económico, non estariamos embarcados nisto. Hai ámbitos onde a rendibilidade é moi difícil de calibrar. A educación e a cultura ten esa etiqueta de todo gratis no noso país.

Obradoiro de pequeESCALA | Fotografía:pequeESCALA

¿Animarías outros arquitectos a seguir os vosos pasos? ¿Que pasos considerades que deberían dar? ¿Como completar os seus estudos? ¿Que outros consellos lles darías?

Manuel: Teño a sensación de que dou pasos inestables, non me vexo para dar consellos, a verdade, pero a frase que máis repito cada vez que falo con compañeiros é “ánimo, hai que seguir”. Seguir formándose ou como sexa. O que se me gustaría é que tanto os arquitectos coma os arquitectos técnicos pelexásemos máis por cambiar a visión que se ten da nosa profesión. É difícil, pero a peor xa non se pode ir.

Sofía: O mellor consello que recibín dende que rematei os estudos hai 13 anos foi o dun compañeiro e gran profesional : “Faciendo e Aprendendo”

¿Credes que os arquitectos en España deberiamos seguir abrindo novas vías de traballo para saír da casa máis “tradicional” de proxectar dada a actual situación da construción no noso país?

Sofía: O que si aconsello, pola forma en que cambiou o mercado, é completar a formación con idiomas, mercadotecnia on-line, lexislación internacional. Xa non podemos pensar en proxectos locais ou nacionais.

Manuel: Por suposto, iso é importante pero neste país fállanos a base, o que falta é educación arquitectónica, a burbulla, o feísmo, o uso que lle damos ás cidades, como as vivimos etc… é por falta de educación. Creo que por aí hai vías nas que traballar.

¿Que opinades dos que se foron a traballar ao estranxeiro?

Sofía: Se as circunstancias persoais e familiares o permiten, irse a determinados países é unha moi boa decisión. Nada é doado nestes tempos, nin quedar nin se ir. Pero penso que saír da nosa zona de confort, sempre trae experiencias vitais enriquecedoras.

Manuel: É unha saída tan válida como a de quedarse e traballar doutra cousa. Como di Sofía, depende moito das circunstancias persoais, hai que buscar a felicidade e tranquilidade como e onde sexa.

¿Como vedes o futuro da profesión?

Sofía: Debemos reinventarnos, pero sobre todo confiar na unión, nos Colexios Oficiais e nos colectivos. A colaboración é máis necesaria que nunca.

Manuel: Black, como as ditosas tarxetas.

Obradoiro de pequeESCALA | Fotografía:pequeESCALA

Sofía López Díaz y Manuel López Carregal · Eduación | pequeñaESCALA

Decembro 2014

Entrevista realizada por Ana Barreiro Blanco e Alberto Alonso Oro. Agradecer a Sofía e Manuel o seu tempo e predisposición con este espazo.

Alberto Alonso Oro

Arquitecto y editor en veredes, arquitectura y divulgación. Invernalia es un buen lugar. A veces escribo en Fundacion Arquia.

follow me

Arquivado en: Alberto Alonso Oro, Ana Barreiro Blanco, baliza

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,