Cadeira Muros | domohomo arquitectos

A cadeira Muros é un obxecto que nace froito dun proxecto de rehabilitación que estamos a levar a cabo en domohomo arquitectos, na vila que dá nome a este moble e onde a maioría dos elementos se realizan con madeira de castaño, estrutura, tarimas, carpintarías, revestimentos, etc.

Desta proximidade tan estreita con ese material e de tanto significado en Galicia, emerxe o desexo de seguir traballándoo e explorar todos os seus límites.

Deste modo, a cadeira Muros convértese nun lugar de experimentación, onde as mans dun carpinteiro local fan posible o imaxinado.

Trátase dun traballo artesanal onde se ensamblan nove pezas de madeira ata configurar a cadeira Muros.

Sen dúbida, a peza que presentou maior dificultade na súa fabricación foi o respaldo. Nun primeiro momento, pártese dunha sección convencional de madeira maciza de castaño e lamínase, facendo follas de madeira duns 2 mm de grosor.

A continuación, procédese a realizar un molde coa curvatura desexada e, finalmente, encolar todas esas láminas entorno a ese perfil establecido.

Neste caso, o respaldo tamén é repousa-brazos e fan da cadeira un asento cómodo, óptimo para a lectura ou para gozar dunhas boas vistas.

Autor: Xulio Turnes Vieito
Colaboradores: Elena López Fernández
Promotor: domohomo arquitectos e Alba Fernández Arias
Carpinteiro: Carpintería Gestoso
Madeira: Castiñeiro macizo, castanea sativa
Fotografías de montaxe: domohomo arquitectos
Fotografías: Ramón Vaamonde
+ domohomo.es

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, mobiliario, obras

Tags: , , , , , , , , , , , ,