Shigeru Ban, Premio Pritzker 2014

Cortesía de Shigeru Ban Architects

Dende a súa creación hai trinta e cinco anos, o obxectivo do Premio Pritzker de Arquitectura é recoñecer os arquitectos vivos pola súa excelencia no traballo construído como tamén na contribución significativa e consistente cara á humanidade.

Shigeru Ban, o laureado 2014, reflicte este espírito do premio ao máximo. El é un arquitecto excepcional que durante vinte anos, estivo a entregar respostas a situacións extremas causadas por desastres naturais desvastadores, con creatividade e deseño de alta calidade. Os seus edificios entregan refuxio, centros comunitarios e lugares espirituais para aqueles que sufriron enorme perdas e foron vítimas da destrución. Cando acontece unha traxedia, a miúdo el está alí dende o principio, como en Ruanda, Turquía, India, China, Italia, Haití, e o seu país de orixe, Xapón, entre outros.

O seu enfoque e innovación creativa, sobre todo en relación cos materiais e estruturas, están presentes en todas as súas obras. A través dun deseño de excelencia, en resposta a problemas urxentes, Shigeru Ban ampliou o rol da profesión; xerou un espazo para que os arquitectos participen no diálogo cos gobernos e os organismos públicos, os filántropos e as comunidades afectadas. O seu sentido da responsabilidade e a acción positiva para crear unha arquitectura de calidade capaz de atender as necesidades da sociedade, xunto cunha singular mirada cara aos desafíos humanitarios, fan do gañador deste ano, un profesional exemplar.

O galardoado ten unha carreira excepcionalmente ampla. Dende a fundación da súa primeira oficina en Tokyo en 1985 e o seu posterior despregamento cara a Nova York e París, levou a cabo proxectos que van dende as vivendas mínimas, casas experimentais e vivenda colectiva, ata os museos, pavillóns de exposicións, salas de conferencias e de concertos, e edificios de oficinas.

O seu enfoque experimental converteuse no fundamento que une gran parte da súa obra construída. Co seu traballo ampliouse o campo da arquitectura, en relación non só aos problemas e desafíos que aborda, senón tamén con respecto ás ferramentas e técnicas para lidar con eles. Ban é capaz de ver en compoñentes estándares e materiais comúns, tales como os tubos de papel, materiais de embalaxe ou colectores de transporte, oportunidades para usalos de novas maneiras. É especialmente coñecido polas súas innovacións estruturais e o uso creativo de materiais non convencionais como o bambú, a tea, o papel e materiais compostos de fibra de papel e plástico reciclado.

En Naked House, foi capaz de cuestionar a noción tradicional dos cuartos, e, en consecuencia a da vida doméstica. Ao mesmo tempo creou un ambiente translúcido, case máxico. Todo isto, con medios modestos, como paredes revestidas externamente en plástico corrugado e seccións de acrílico branco estruturadas por dentro a través dunha armazón de madeira. Esta sofisticada composición sobre a base de capas de materiais comúns, utilizados dun xeito natural e eficiente, ofrece confort, un desempeño ambiental eficiente e ao mesmo tempo, unha calidade sensual da luz.

O seu propio estudo, situado no alto dunha terraza no Centro Pompidou de París durante os seis anos que traballou no proxecto do Museo de Metz, foi construído con tubos de cartón e unha membrana que cobre o teito arqueado. Para a construción do museo utilizou containers como elementos pre-fabricados. A súa obra é unha proba da súa capacidade de agregar valor a través do deseño. Desenvolveu moitas outras novas ideas conceptuais e estruturais que poden verse materializadas en PC Pile House, House of Double Roof, Furniture House, Wall-less House e Nine-Square Grid House.

A continuidade espacial entre os espazos interiores e exteriores é tamén unha calidade que percorre todo o seu traballo. En Curtain Wall House, utilizou cortinas móbiles, similares ás de tendas de campaña, para vincular doadamente o interior e o exterior, proporcionando de igual xeito a privacidade necesaria. O edificio de catorce pisos Nicolas G. Hayek Center de Tokyo, está cuberto con persianas de vidro nas fachadas dianteiras e traseiras que se poden abrir completamente.

Para Shigeru Ban, a sustentabilidad non é un concepto que se poida engadir despois dos feitos, senón que é un factor intrínseco á arquitectura. As súas obras esfórzanse para encontrar os produtos e sistemas apropiados que se encontran en harmonía co medio e o contexto específico, o uso de materiais renovables e de produción local, cada vez que sexa posible. Só un exemplo é o seu edificio de oficinas Tamedia recén inaugurado en Zürich, que utiliza un sistema estrutural de pezas de madeira entrelazadas, carente por completo de pezas metálicas anexas ou pegamento.

O seu gran coñecemento da estrutura e o seu aprecio por mestres como Mies van der Rohe e Frei Otto, contribuíron ao desenvolvemento e a claridade dos seus edificios. A súa arquitectura é directa e honesta. Non obstante, nunca é común, e cada novo proxecto ten unha frescura especial que o caracteriza. A elegante sinxeleza e aparente falta de esforzo nas súas obras son o resultado de anos de práctica e un amor pola construción. Por sobre todas as cousas, o seu respecto polas persoas que habitan nos seus edificios, sexan estas, vítimas de desastres naturais ou clientes privados, sempre se revela a través dun enfoque reflexivo, plans funcionais, materiais apropiados e coidadosamente seleccionados, e a riqueza dos espazos que crea.

Shigeru Ban é un arquitecto incansable cuxa obra exhuda optimismo. Onde outros poden percibir retos case imposibles de superar, Shigeru Ban ve unha chamada á acción. Onde outros poden preferir tomar un camiño xa probado, el ve a oportunidade de innovar. É ademais un profesor comprometido que non só representa un modelo a seguir para a xeración máis nova, senón tamén unha fonte de inspiración.

Por todas estas razóns, Shigeru Ban é Galardoado co Premio Pritzker de Arquitectura 2014.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, premios

Tags: , , , , , ,