VI Premio de Arquitectura Ascensores ENOR 2014. José María Sánchez García e Estudio SOL 89

Os proxectos gañadores fixéronse públicos o mércores, 12 de novembro, a través da páxina web oficial do premio. O xurado, formado por Eduardo Souto de Moura como presidente, Carlos Quintáns Eiras, secretario, Juan Domingo Santos gañador do Gran Premio Enor no ano 2011, Juan Creus Andrade, Luis Martínez Santa-María e Fredy Massad, leu o seu fallo onde anunciaron as dúas obras galardoadas de entre os 20 finalistas que optaban aos premios. Unha grande edición con máis de 300 proxectos presentados a concurso.

Edificio Perimetral e adecuación do ámbito do tempo de Diana

O gañador do Gran Premio Enor desta convocatoria recaeu sobre José María Sanchez García, pola súa a obra do “Edificio Perimetral e adecuación do ámbito do tempo de Diana” en Mérida, Badaxoz. O xurado considerou que este proxecto demostra de forma moi acertada as posibilidades que ten a arquitectura contemporánea para recuperar un contexto histórico determinado e ofrecer un valioso xeito de entendelo, ademais de poñer a disposición da cidade diferentes espazos para novos usos.

Escola de Hostalaría no Antigo Matadoiro

Pola súa parte, María González García e Juanjo López de la Cruz do estudo SOL 89, conseguiron o Premio Enor de Arquitectura Joven pola “Escola de Hostalaría no Antigo Matadoiro” en Medina Sidonia, Cádiz. Trátase dunha obra que, segundo o xurado, resolve con moito interese a integración co edificio existente e o espazo público xa que, sendo diferente, convive de xeito axeitado coas preexistencias. Resalta, ademais, as dificultades que ofrece o lugar e o programa, e faino mediante unha acertada composición dos volumes e un suxestivo emprego dos materiais.

A gala de entrega de Premios celebrarase o luns 17 de novembro a partir das 20:00 H nas instalacións centrais de Enor, no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo. O xurado, xunto con representantes de Ascensores Enor, fará entrega dos galardóns aos arquitectos premiados, os cales expoñerán nunha breve charla a súa obra a todos os asistentes. Ademais, presentarase o libro “VI Premio de Arquitectura Ascensores Enor”, que recolle os proxectos gañadores, finalistas e seleccionados desta edición. Cunha tirada de 3000 exemplares en español e portugués, este libro repartirase entre todas as persoas que acudan ao evento.

Neste acto, Enor pretende abrir as súas portas aos todos os profesionais do sector para que gocen, non só das presentación das obras premiadas, senón que ademais poidan coñecer as instalacións da empresa que, con máis de 60 anos de experiencia, dá servizo a través das súas delegacións polo noroeste de España e Portugal, e onde se fabrican equipos especiais para todo o mundo e para un sector tan especial como o naval, no que Enor é líder do mercado.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, premios

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,