Premio Chicago Athenaeum 2012, Francisco Mangado

O Auditorio Municipal de Teulada, do arquitecto navarro Francisco Mangado, obtivo o premio internacional que outorgan o Chicago Athenaeum e o European Centre for Architecture Art Design and Urban Studies.

O arquitecto Francisco Mangado logrou o Premio Chicago Athenaeum 2012 polo Auditorio Municipal de Teulada (Alacante), tras ser seleccionado por un xurado reunido en Oslo (Noruega). Mangado xa recibiu este prestixioso galardón o pasado ano polo Centro de Exposicións e Congresos de Ávila. O auditorio galardonado, que actúa como ponte e unión entre os dous núcleos urbanos que conforman a localidade alicantina, será exposto a partir de outubro na mostra itinerante `The City and the World´ que iniciará o seu percorrido en Estambul, no marco da bienal turca.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, premios

Tags: , , , , ,