A casa translúcida, de Alfons Soldevila | Halldóra Arnardóttir – Javier Sánchez Merina

¿En que medio pode investigar un arquitecto libremente con ideas que redefinan o ámbito doméstico? ¿Existe o cliente disposto a levar a cabo tales experimentos?

Nubes Rosas

Alfons Soldevila, arquitecto

A casa translúcida, de Alfons Soldevila. A construción dunha casa experimental

Alfons Soldevila, profesor de Proxectos da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona, examinou o tema da vivenda, propoñendo unha serie de debates en clase cos seus estudantes, que acabaron materializándose na construción dunha casa a escala 1:1 no medio do campus. Chamárona a Casa Translúcida e foi, dende 1996 ata o 2002, cando tivo que ceder o seu espazo a unha nova biblioteca, un centro de encontro de estudantes e profesores. Tratábase de experimentar cun novo tipo de aloxamento realizado a partir dun novo material de construción. Feito con policarbonato, a luz filtraríase a través dos seus chans, paredes e teitos, unha calidade translúcida que determinaría o deseño e a súa construción.

“Se non podemos estar en contacto coas paredes, se non podemos estar en contacto co teito, se non podemos estar en contacto co chan, estamos a traballar nun espazo moi especial, desconectado das paredes, do chan e do teito.” A. Soldevila

A universidade como laboratorio

Indubidablemente a universidade é un lugar ideal para exploracións culturais e do modo como os homes relaciónanse entre si e o seu ámbito. É un lugar onde se eloxia a investigación comprometida coa contemporaneiade e onde a dúbida forma parte de construír da historia. Con esta vocación, Alfons Soldevila formulou o proxecto de redefinir a vivenda, analizando, cuestionando e comprobando na aula e no taller, antes de comezar a súa construción.

A primeira fase consistiu en realizar unha maqueta a escala 1:10, co fin de comprobar a súa estrutura e estudar unha secuencia da súa montaxe que non requirira grúa ningunha. A armazón elevaríase de forma similar á estrutura tradicional americana coñecida como balloom-frame, a cal pode ser alzada por unha persoa axudada por un tráctel.

Consecutivamente construíuse a estrutura de tubos de aceiro inoxidable, cunha sección 80 x 80 mm e 30 mm de camisa. Para os soportes da cimentación, que tamén se quixeron executar cun material translúcido, realizáronse probetas de formigón e vidro reciclado en lugar de area. O resultado mostraba que a súa capacidade mecánica era menor á do formigón tradicional pero o suficiente para un edificio de dez toneladas. Sobre estes soportes, separados cada dous metros, alzábanse os pórticos, que estaban conexionados por outros perfís de 80 x 80 x 3 mm e que actuaban como de zunchos perimetrales. A estrutura dos forxados realizouse con perfís de 80 x 80 x 2 mm que, a xeito de viguetas separadas 40 cm, se apoiaban nos zunchos. A súa fixación realizouse con silicona estrutural, polo que poderían desmontarse doadamente cunha coitela.

Por último, a estrutura metálica pechouse con pranchas extrusionadas de policarbonato, utilizadas tanto no tellado, paredes, teitos, chans, ramplas e chanzos. Tamén se empregou silicona en todas as súas unións para evitar elementos opacos e facilitar a desmontaxe ou substitución.

O método de montaxe é en seco, polo que é reciclable, e realizado con man de obra non cualificada. Está pensado para que unha persoa poida construíla, gastando na súa construción a mesma enerxía que a necesaria para practicar un deporte

Policarbonato como material de construcción

Ao investigar a composición do policarbonato, os estudantes valoraron as grandes vantaxes deste produto orgánico na construción. Á súa inercia química que o facía inmune aos ácidos, bases e axentes atmosféricos, se lle engade a súa alta resistencia á rotura e a deterioración, ten boa elasticidade e pode aguantar varios tratamentos incluíndo a tinguidura de cores. Dentro dos produtos termoplásticos, presenta bo comportamento ante o lume xa que é autoextinguible. Adicionalmente, o policarbonato é un material que podería competir co vidro xa que ofrece unha claridade óptica única de traslucidez. Este factor xogou un papel decisivo na elección do material xa que tanto a forma curva do tellado coma as fachadas da casa permitían un aproveitamento máximo da luz solar, a calor e a ventilación. Por outro lado, as pranchas de policarbonato teñen o inconveniente de ser sensibles aos raios UV, polo que amarelan á exposición do sol. A solución a esta reacción consistiu en colocar unha película adherida á superficie para protexela do sol. Esta película modificar o rematado da superficie con diferentes tramas e cores dependendo dos seus habitantes.

Para un máximo beneficio da luz natural e minimizar as sombras, os mobles ideais son aqueles que non tocan as paredes nin os chans

Experimentando o interior

Para que a luz natural fluíse sen obstáculos, a distribución da casa tería que resolverse sen que nada se sitúe fronte aos muros translúcidos. Os únicos cuartos opacos, a cociña e os baños, dispuxéronse como pezas de mobiliario. Tampouco se instalou luz eléctrica dentro da casa, para liberar a vivenda de instalacións e interruptores. No seu lugar, cando escurece, acéndense por control remoto as luminarias situadas fóra da casa.

Unha escada lonxitudinal relaciona as tres plantas

Para un máximo beneficio de la luz natural y minimizar las sombras, los muebles ideales son aquellos que no tocan las paredes ni los suelos. Tendrían que estar flotando. Consecuentemente los estudiantes experimentaron con el diseño de mobiliario de policarbonato – sillas y hamacas que se columpian, mesas que cuelgan, armarios translúcidos y cajones que están elevados del suelo. Incluso las alfombras o las suelas de los zapatos tuvieron que ser repensadas, esta vez desde abajo. Otros alumnos experimentaron con juegos de limpieza que incluían el baldeo de la casa con un manguerazo, algo posible al ser los armarios de policarbonato con cierre de cremallera.

“La casa, como entidad abstracta, no responde de forma directa a su entorno, sino a la voluntad sensorial de sus ocupantes.” A. Soldevila

Aínda que a Casa Translúcida non existe hoxe en día o seu valor permanece, non só nos estudantes que participaron no experimento, senón tamén no currículo da universidade. A tecnoloxía, os materiais e as súas posibilidades están en continua evolución aínda que se integren lentamente en sociedade. A investigación necesita primeiro xogar un papel esencial en forma de educación para poder aprender dos seus logros, erros e o beneficio da dúbida.

Halldóra Arnardóttir + Javier Sánchez Merina

doutora en historia da arte. doutor arquitecto

Murcia. setembro 2013

Halldóra Arnardóttir – Javier Sánchez Merina

Javier Sánchez Merina es Profesor Titular en la Universidad de Alicante. Anteriormente enseñó en Kingston University London y Carleton University en Ottawa. Sus clases, textos y obra construida buscan establecer relaciones entre la docencia, la investigación y la profesión. En la actualidad participa en el Proyecto de Investigación Europeo sobre Arquitectura Terapéutica.

Halldóra Arnardóttir. Doctora, (The Bartlett, UC London 1999 – homologación UMU 2007), Colaboradora con el Observatorio de Diseño y Arquitectura de Murcia (2008-10), acreditación de la ANECA como Ayudante Doctor (2012) y en la actualidad Coordinadora de Arte y Cultura como Terapia (HUVA) en colaboración con UMU, Profesora Ayudante Doctor (UCAM) y Azrieli Visiting Critic en Carleton University (Ottawa 2012).

follow me

Arquivado en: artigos, Halldóra Arnardóttir - Javier Sánchez Merina

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , ,