IV Foro arquia/próxima 2014 en Granada


O IV Foro ARQUIA PRÓXIMA converte Granada no maior punto de encontro de novos arquitectos do noso país. O próximo xoves, 23 de outubro, celebrarase no Auditorio Manuel de Falla de Granada, o IV Foro Arquia Próxima, un encontro que se consolidou como o evento de referencia para novos arquitectos do noso país. O foro, que se celebra cada dous anos, ten como obxectivo apoiar os profesionais nos dez primeiros anos de exercicio e converteuse nunha cita fundamental para fomentar a reflexión e intercambio para este colectivo.

O xurado composto por Eva Franch, comisario xeral, Emilio Tuñón, Toni Gironés, Izaskun Chinchilla, Luis Úrculo, e Andrés Jaque será o encargado de seleccionar o gañador do certame. No evento tamén se outorgarán catro premios adicionais nas categorías “Obra Nova / Proxecto”, “Interiorismo e Rehabilitación”, “Cultura / Investigación / Formación”, e Cidade e Territorio.

Dentro do programa de actividades, o venres día 24, pola mañá, realizarase unha visita arquitectónica guiada pola cidade de Granada con explicacións dos arquitectos autores das obras visitadas, entre as que destaca Carmen de la Fundación Rodriguez Acosta, o Auditorio Manuel de Falla, Edificio Caixa de Granada, Parque das Ciencias e os espazos exteriores da Alhambra.

O evento poderá ser seguido en directo por streaming dende: facebook.com

Por outro lado o hashtag utilizado en Twitter para o seu seguimento será #ArquiaForo

Á súa vez, podes contactar cos nosos perfís nas redes sociais:
FUNDACIÓN ARQUIA EN TWITTER _ @FundaciónArquia
FUNDACIÓN ARQUIA EN GOOGLE PLUS
FUNDACIÓN ARQUIA EN FACEBOOK

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: deriva

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,