Gala 2º Premio AADIPA

aadipacierra

A segunda edición do Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico AADIPA, certame bienal organizado polo COAC (Colexio Oficial de Arquitectos de Cataluña) e AADIPA (Agrupación de Arquitectos para a Defensa e a Intervención no Patrimonio Arquitectónico), pecha a súa inscrición cunha participación internacional catro veces maior que na súa primeira convocatoria.

O número de proxectos inscritos, nesta a súa segunda edición, que alcanza os case 200 e coincide coa súa primeira convocatoria, garante a súa estabilidade e permanencia. E o rexistro de despachos de 25 países distintos, fronte ás 8 procedencias que se adscribiron na anterior cita, ratifican o carácter internacional do certame que ten como obxectivo primordial distinguir a boa práctica patrimonial e contribuír á súa divulgación.

Dende o 24 de abril, peche do período de inscrición, ata finais do mes de maio, o xurado internacional formado por reputados expertos no ámbito da intervención no Patrimonio Arquitectónico, levará a cabo a tarefa de valoración das obras que en cada unha das 4 categorías optan ao premio. Na categoría A -Intervención no patrimonio construído-, os arquitectos Antón Capitel, Toni Gironés e Malgorzata Rozbicka avaliarán 117 proxectos. Na Categoría B -Espazos exteriores- os expertos Joaquín Pérez, Jose Luís Infanzón e Giuseppe Lonetti analizarán 32 propostas. Na categoría C -Plan- os profesionais Antoni Vilanova, Sonia Puente Landázuri e Cristopher Graz avaliarán 8 proxectos e na categoría D -Divulgación- Raquel Lacuesta e Miguel Ángel Troitiño estudarán 27 obras.

O fallo do xurado darase a coñecer o 12 de Xuño, na sede do COAC de Barcelona e no marco da II Bienal Internacional sobre Patrimonio Arquitectónico que dende a dirección do Premio se organiza conxuntamente co COAC, AADIPA e a Generalitat de Catalunya. Os relatorios e intervencións da xornada, que culminará coa cerimonia oficial da entrega de premios, xirarán en torno ao tema “A arquitectura da primeira metade do século XX” e contará con Marrocos como país invitado.

Sobre o Premio

O Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico AADIPA cuxa primeira convocatoria se celebrou en 2013, xorde do convencemento que no contexto actual, en que o patrimonio arquitectónico ademais dun instrumento fundamental de coñecemento é considerado un recurso socioeconómico de primeira orde para o desenvolvemento sostible dos territorios, resulta imprescindible a divulgación, distinción e recoñecemento das obras e proxectos de calidade que contribúen á preservación da memoria colectiva.

Dirixido por Ramon Calonge, Oriol Cusidó, Marc Manzano, e Jordi Porta, arquitectos membros da agrupación AADIPA, o Premio ten a vontade de consolidarse como catalizador e observatorio dos novos retos que engade a globalización da arquitectura contemporánea, na conservación e intervención do patrimonio construído.

Sobre la Bienal

A Bienal Internacional de Intervención no Patrimonio Arquitectónico AADIPA ten a vontade de constituírse como foro común e aberto de intercambio de coñecemento e de experiencias, onde contrastar e coñecer máis de preto a intervención de calidade no patrimonio arquitectónico doutros países.

bienalaadipa

veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: convocatorias, evento, premios

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,