Fundación Luís Seoane | CREUSeCARRASCO

Rehabilitación dun antigo cuartel militar, situado sobre a muralla histórica, para sede da Fundación Luís Seoane. Aprovéitanse as trazas do edificio existente, co seu patio aberto como referencia central de toda a proposta, creando recintos axeitados de exposición e actividade, establecendo estreitos vínculos entre todos eles, o seu ámbito inmediato e o espazo público da cidade.

“O artista é un home, non sei se coa sensibilidade máis aguda que os demais homes, pero se coa linguaxe máis axeitado e fondo que os demais para expresar a alegría, a angustia e tamén pracer, se existe, do momento en que vive… Na arte, como en calquera outra actividade humana, só aparentemente se producen retrocesos, e non existe o pasado senón como expresión, como historia, como algo morto, ao que nós, no presente lle damos vida”.

(Luís Seoane, Anotaciones sobre la creación artística, 1951)

Por iso concibir un museo no que vai estar presente a figura de Luís Seoane só pode ter as ataduras máis enteiras, as máis fortes e revolucionarias do lugar, para que acompañen merecidamente a idea, ao impulso creador, sempre libre.

Aproveitar as claves do edificio existente e do seu ámbito para poder definir o novo obxectivo: crear recintos axeitados de exposición para un museo hoxe e establecer un estreito vínculo entre todo iso e o espazo público da cidade, aproveitando e recuperando as trazas históricas que aínda perviven, sobre todo facendo fincapé nas que conectan exterior e interior, como a muralla, os muros, os pavimentos e os piares de pedra. Hai un elemento fundamental no edificio que exemplifica esta idea: o patio aberto, referencia espacial de toda a proposta.

Libérase ao edificio da súa atadura na fachada oeste… créase un espazo alto, un moble de lajas de pedra onde se sitúan os servizos de acollida e dende o que rapidamente se ven as salas de exposicións temporais, as comunicacións verticais e o patio… deste xeito o espazo público pode penetrar no edificio e, abrindo o vestibulo, chegar a atravesalo. Visualmente este concepto está sempre presente mediante transparencias e pantallas de vidro…

Buscouse abrir a esquina nordés ás vistas e aproveitar a súa posición como zona de descanso…

Proponse recuperar o percorrido no ámbito da muralla, a desaparición do edificio de Xefatura de Sanidade e no seu lugar crear un adro mediante un muro de pedra con bancos que encerra un bosque de chopos…

Obra: Fundación Luis Seoane

Autores: Juan Creus e Covadonga Carrasco

Colaboradores: Francisco Rosell, Felipe Riola, Félix Suárez (estructura), J. Luís García (dirección obra)

Promotor: Concello da Coruña

Constructora: Ferrovial / Agroman (Felipe López – jefe obra)

Emprazamento: c/ San Francisco s/n 15001 A Coruña, Galicia, España

Data de proxecto: 2000

Data fin de obra: 2003

Superficie: Superficie parcela: 1.793 m2 / Superficie construida: 3.460 m2

Fotografía introducción: Vari Caramés

Fotografía reportaje:  Héctor Santos-Díez | BISimages

+ creusecarrasco.es

Recoñecementos

Premios: 1º Premio concurso de ideas. XI Premio COAG de rehabilitación

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamento cultural, equipamiento dotacional, espacio publico, intervención urbana, obras, rehabilitación

Tags: , , , , , , , , , ,