Desexo Vertical | Íñigo García Odiaga

A miúdo observamos edificios que mostran un gran desexo por conquistar a verticalidad. É inmediato pensar na idea proporción, un concepto que desliga a altura real dun obxecto ou dun edificio dos seus desexos de verticalidade. Unha planta reducida, fronte a unha forte compoñente no eixo Z garante a formalización dunha torre aínda que a súa altura non sexa moi elevada.

Paisaxe de retranqueos en Manhattan | wikipedia.org

Pero tamén podería pensarse noutro mecanismo para conquistar a vertical, o de acumular ou si prefírese o de apilar. Colocar un obxecto sobre outro e outro máis encima, nun exercicio constante de crecer cara arriba. É unha lei que non ten relación co horizontal, crecer en altura é o seu único obxectivo. É unha lei simple pero poderosa, gobernada secretamente pola necesidade de conseguir o equilibrio. Ao montar unha peza sobre a anterior hai que equilibrar o conxunto, e para iso hai que manter o eixe de gravidade do conxunto dentro da base inferior, para non acabar con todas as pezas no chan.

Manter esta premisa é a garantía de conquistar o ceo, e as arquitecturas que dela xorden, amontoan pezas que se apoian unhas noutras para lograr a verticalidade.

Arquitecturas da antigüidade como as pirámides escalonadas de Zoser ou os zigurats Maias, son exemplos radicais desta estrutura formal. Estrutura que tamén empregou Brueghel para dar forma á súa representación da torre de Babel que alcanzaba as nubes, xa que como demostra Brancusi na súa columna infinita para alcanzar o ceo únicamente hai que ir apilando outra peza sobre a anterior.

Igualmente os rañaceos dos anos trinta que aspiraban a conquistar as alturas en Nova York ou Chicago utilizaron esta simple norma formal para xerar centos de edificios como os construídos por Raymond Hood, Ralph Thomas Walker ou Ely Jacques Kahn. O edificio do 120 de Wall Street ou o do 1400 de Broadway, ambos obras de Kahn, son un bo reflexo deste manexo da altura que como ben explica Rem Koolhaas en Delirious New York, obedece ademáis a un problema urbán.

O 1400 de Broadway | wikipedia.org

Cando en 1915 finalizouse a construción do Equitable Building en Manhattan, constatouse que a súa sombra privaba de luz natural a catro mazás da cuadricula da illa, e a cidade respondeu a este problema coa aprobación da ordenanza 1916 Zoning Resolution. Unha normativa que regulaba a altura obrigando a constantes retranqueos, que orixinan esa linguaxe de plantas amontoadas ou apiladas e que moitos cualificaron como Wedding Cake Style, (estilo de tarta nupcial); e é que á fin e ao cabo a lóxica do mecanismo formal de apilar dicta normas similares para unha tarta ou para un rañaceos. A aplicación dunha normativa que non obriga a unhas dimensións, senón que implica leis formáis, xunto coa obligatoriedade imposta polos promotores de esgotar o aproveitamento dos solares, xeraron un amplo abanico de solucións, que constrúen a paisaxe urbana de Manhattan. Unha paisaxe de edificios diversos, de alturas cambiantes e perfís aterrazados que pese á diversidade, presentan unha xenética formal similar debido á ordenanza municipal, o que outorga ao conxunto una certa unidade.

Resulta chamativo comprobar como arquitectos contemporáneos como SANAA asumiron esta lei creativa para desenvolver edificios en Manhattan. A volumetría do Novo Museo de Arte Contemporánea, inaugurado en 2007, obedece á estrutura formal dun apilamento. O edificio aseméllase a unha pila de caixas, de contenedores de arte, que a diferenza dos rañaceos clásicos centrados, investigan os límites do equilibrio, sobrevóanse e desalinéanse unhas respecto doutras, rompendo así a continuidade do eixo central, tensionando o conxunto. Podería interpretarse que malia non ter que cumprir a ordenanza 1916 Zoning Resolution, SANAA pretendía reinterpretar a clave formal que caracteriza os grandes edificios da cidade dos rañaceos. Non é un edificio excesivamente alto, e o é menos aínda nunha cidade como Nova York, pero por contra as leis que definen a súa forma convérteno nunha torre. Nunha torre de caixas apiladas que vibran polo seu desexo de conquistar a vertical.

Íñigo García Odiaga . arquitecto

San Sebastián. marzo 2013

Íñigo García Odiaga

Arquitecto. Editor de NOMU. 1/5 del estudio de arquitectura VAUMM. Vivo en Donosti.

follow me

Arquivado en: artigos, Íñigo García Odiaga

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,