Casa a tres augas en Oza | ARKB-Arrokabe arquitectos

arrokabe_casa-_en_oza_03_ext03

A vivenda resólvese nunha soa planta cunha única cuberta a tres augas que serve tanto para a parte pechada como para os espazos exteriores abertos, incluído o garaxe. Esta decisión de partida permite reducir a escala da peza axustando a altura das fachadas.

O garaxe disponse na parte máis próxima ao límite de acceso á parcela, uns cincuenta centímetros por encima da cota do resto da casa adaptándose á topografía orixinal, minimizando, desta forma, as necesidades de acondicionamento do terreo para acceso rodado e contribuíndo á privacidade das zonas máis domésticas.

O programa organízase con todas as estancias ao redor dunha principal que serve de estar- comedor e conta coa posibilidade de ampliarse abríndose por completo a un soportal (sueste) flanqueado, tamén, pola cociña. No interior, as variacións en altura e a forma na que se establecen as relacións  entre os  diferentes espazos contribúen a unha maior sensación de amplitude. Os xestos en planta  responden á procura da mellor orientación para cada unha das estancias primando as vistas sobre o val e o bosque próximo.

O resultado é un único volume baixo, compacto e ancorado ao terreo que, desde un punto de vista compositivo, xoga con recursos comúns nas construcións tradicionais (cerramentos pesados con textura rugosa que contrastan con panos de peche lixeiro de establecido e carpintería de madeira), e desde o punto de vista estrutural  resólvese cun sinxelo sistema de muros de carga e un armazón de cuberta de madeira.

As referencias á arquitectura tradicional non son literais, senón que se traducen en solucións que son froito dunha actitude respectuosa co medio e as preexistencias da zona.

Obra: Casa a tres aguas en Oza
Autores: Arrokabe arquitectos [Óscar Andrés Quintela, Iván Andrés Quintela]
Emprazamento: Oza, Galicia, España
Ano: 2016
Fotografías: Luis Díaz Díaz
+ arrokabe.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, vivienda unifamiliar

Tags: , , , , , , , , , , ,