100 anos de arquitectura e deseño en Alemaña

A exposición 100 Anos de Arquitectura e Deseño en Alemaña está organizada polo Museo de Arquitectura da Universidade Técnica de Munich e o IFA, Intituto de Relacións Internacionais, Stuttgart. Foi concebida para conmemorar o centenario da Deustscher Werkbund, a mítica Liga Alemá de Talleres fundada en 1907 por 12 artistas e arquitectos, xunto con 12 fábricas de Munich, co obxectivo de relacionar arte, industria e artesanía, e permite percorrer os grandes momentos da súa historia. O arquitecto Hermann Muthesius foi o seu principal inspirador e pretendía que por medio do deseño, a industrialización e a produción en masa se conseguise transformar a sociedade. As súas iniciativas no ámbito das exposicións, publicacións e construcións de urbanizacións de vivendas foron decisivas para o desenvolvemento de novas formas no ámbito da arquitectura, a planificación urbana e o deseño industrial, pero tamén para o xurdimento da conciencia ecolóxica e unha ética do consumo máis razoable.

100 anos de arquitectura e deseño en Alemaña
Deustscher Werkbund 1907-2007

A exposición,  organizada en sete áreas cronolóxicas  está composta por unha serie de paneis con representacións, información e textos da historia, actividades e persoas do Werkbund Alemá, ademáis de case 500 obxectos entre carteis, maquetas, revistas, mobles, vaixelas, deseños, debuxos e fotografías… procedentes do Museo de Arquitectura da Universidade Técnica de Munich, do Museo de Arquitectura da Universidade Técnica de Darmstadt, da Universidade de Stuttgart, da Fundación Stankowski de Stuttgart, do Museo de Diseño de Gante e do Lore Kramer de Frankfurt.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , ,