The Red Thread: Nordic Design

The Red Thread Nordic Design

The Red Thread é un elegante estudo sobre a beleza, a simplicidade e a funcionalidade do deseño nórdico, tanto pasado como presente. O seu título, inspirado na expresión sueca dean röda trådean (o fío vermello), é unha metáfora da esencia dunha historia ou obra creativa que se utiliza para describir o fundamento dunha cuestión ou a sustancia conectora dunha idea. Este libro trata sobre o concepto do deseño como medio de progresión e sobre como o deseño nórdico en particular tenta satisfacer as necesidades prácticas da vida cotiá.

The Red Thread mostra a enraizada estética das rexións nórdicas presentando a diversidade do seu deseño a través de máis de 200 obxectos. Desde artigos funcionais ata ornamentos exquisitamente producidos, teas tradicionais feitas a man e mobles fabricados en masa, o perdurable atractivo do deseño nórdico ha suscitado un desexo de obxectos de bela e experta factura en todo o mundo.

Organizado en tres categorías, ‘Deseño para mellorar a vida’, ‘Deseño para mellorar os espazos’ e ‘Deseño para mellorar as relacións’, The Red Thread é unha mirada universal á importancia do deseño nórdico e o seu interese por obxectos modestos, funcionais e accesibles que resultan necesarios para un estilo de vida práctico. A obra está asombrosamente ilustrada e cada páxina dedícase a un único obxecto, o cal permite aos lectores apreciar a verdadeira beleza de cada un. O libro, con encadernación en tea e unha portada con detalles en fío vermello, é un obxecto fermoso e táctil que inspirará a todos aqueles que sintan interese polo deseño.

O libro presenta unha gran diversidade de talentos, con pezas tradicionais de deseñadores nórdicos clásicos como Alvar Aalto, Verner Panton, Tapio Wirkkala e Arne Jacobsen xunto a creacións de marcas emblemáticas como Georg Jensen e IKEA. Hai extraordinarias pezas de deseño contemporáneo, como os hules de Marimekko e os funcionais mobles do estudo de deseño danés Skagerak, ademais de clásicos intemporales como Stool 60 de Alvar Aalto para Artek. As achegas de deseñadores actuais como Ingegerd Råman e Andreas Engesvik súmanse a obxectos anónimos e novos traballos de deseñadores emerxentes.

The Red Thread é obra de Oak Publishing, unha editorial independente de Copenhague fundada en 2013. A súa publicación bianual Oak – The Nordic Journal é unha homenaxe ao talento inspirador e a cultura nórdica. Cuns textos e fotografías extraordinarios, Oak presenta a persoas, deseños, ideas e espazos visionarios de todo o mundo.

The Red Thread é a última incorporación á crecente colección de estudos sobre deseño internacional de Phaidon, Wa: The Essence of Japanese Design e Sar: The Essence of Indian Design, e unha lectura obrigada para afeccionados ao deseño e admiradores do estilo nórdico.

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , ,