Retratos a través dos ollos dun miope (III) | epR


A ave nocturna

Dixéronse moitas cousas de Alvar Aalto.

Que foi racionalista, que foi organicista, que loitou pola independencia de Finlandia en 1917.

Que lle gustou o viño, a noite e as mulleres novas.

Talvez todas sexan verdade.

Iso explicaría Viipuri, Paimio, a Mairea, Otaniemi, Säynätsalo, as suas orellas e os seus dous matrimonios.

Sempre recordo aquela foto na que Alvar fai un lume en Muuratsalo, a poucos metros da beira xeada do Päijänne. Faime pensar que, de todos os mestres modernos, é o único con quen o grande Hemingway tería compartido mesa algunha noite.

E entón, á calor dun vodka carelio, dous homes terían intercambiado opinións acerca daquel suízo que dicía ser francés e daquel alemán tan estrito.

Retratos a través de los ojos de un miope epR aalto

El primo Ramón
Nantucket, primaveira de 2014

Arquivado en: el primo Ramón, nasa

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,