Reforma integral vivenda S&A | V&Ba estudio

Reforma integral vivienda S&A V&Ba estudio o12

Cando o vello fai espazo ao novo.

Proxecto de reforma de vivenda S&A consistente en 90 m² de espazo útil capaz de integrar: 3 habitacións, estudo, salón comedor, baño e cociña.

A análise de preexistencias revelaba unha vivenda de autoconstrucción no rural, executada en diferentes fases, cunhas instalacións deficientes e un illamento da envolvente practicamente nulo. Xunto a esta problemática, a distribución das estancias, condicionadas pola estrutura muraria existente, non cumpría ao 100% coas esixencias de programa desexadas polos clientes.

Un dos obxectivos do proxecto foi o de conseguir o maior confort posible tanto térmico como funcional; ao mesmo tempo que lidabamos coa estrutura de muros de carga existentes, que condicionaba calquera distribución diáfana. Resultando todo un reto. É por iso que, coa finalidade de obter unha sensación de maior amplitude e luz, decídese demoler parte dos altillos e recuperar a altura total da vivenda, con teito a dúas augas, desconxestionando as estancias e dotándoas dunha escala e personalidade completamente novas.

As habitacións que conservan os altillos convértense en dúas caixas revestidas de tablillas de madeira: unha transcorre ao longo do corredor e alberga o baño, un dos dormitorios e unha sala polivalente, mentres que a segunda, acolle o acceso e axuda a definir o espazo destinado a salón e comedor.

Nunha chiscadela á historia da vivenda, a partir da cota 2,60 m presérvase parte da súa estrutura orixinaria sen enlucir, e píntase de cor branca, do mesmo xeito que o resto de paramentos co fin de unir o pasado co presente.

Obra: Reforma integral vivenda S&A
Autor: V&BA estudio (Elena Gimeno Bayés)
Emprazamento: Fornelos da Ribeira, Salvaterra do Miño. Galicia. España.
Ano: 2018
Superficie Útil Total: 80 m²
Superficie Construida Total: 94 m²
Fotografía: Enrique Pereira (V&BA estudio)
Colaboradores: Maria Pintos Pavón
Construtora: Grupo Conscem
+ vandba.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, reforma interior, rehabilitación, vivienda unifamiliar

Tags: , , , , , , , , , , ,