Oh Verde Todopoderoso | Beatriz Ramo

0. Introdución

Actualmente a ‘sustentabilidade’ comparte moitos atributos divinos con Deus: ser supremo, omnipotente, omnipresente, e omnisciente; creador e xuíz, protector, e (…) salvador do universo e da humanidade. E do mesmo xeito que Deus, conta con millóns de crentes. Como nós, os humanos, somos seres simples e desconfiados e necesitamos de imaxes para poder afirmar as nosas crenzas, o Verde (o Eco, o Green), aparecéusenos para personificar a sustentabilidade, para converterse na súa encarnación no mundo real. Pero poida que a sustentabilidade, do mesmo xeito que Deus, non teña unha forma concreta, nin sequera unha cor…

1. Emancipación

1.1 A palabra ‘sustentabilidade’ foi maltratada, insultada e sometida a todo tipo de vexacións por parte de arquitectos, políticos, publicistas… en xeral, por todo o mundo. A musical harmonía deste trío perfecto – ambiental, económico e social – foi eclipsada por unha actuación en solitario do ambiental dedicada ao Verde.

Eco-Panteón, Roma 126 dC | st-ar.nl

1.2 Neste intento desesperado de dar forma a toda unha ideoloxía o Verde resultou ser a representación máis rápida e simple da sustentabilidade. O Verde é o único símbolo capaz de manter o ritmo frenético, a impaciencia e a sede por imaxes da sociedade actual; unha sustentabilidade ao Lady Gaga: efectista, indiscreta, gráfica, sensacionalista… Neste duro esforzo por alegorizar á sustentabilidade, o Verde emancipouse como a súa caricatura.

Cenotafio Sostible para Isaac Newton – Boullée, 1784 | st-ar.nl

1.3 A simplificación do concepto inicial é tan extrema que o Verde nin sequera necesita ser natureza, ou natural; pode ser plástico ou pintado. Mira ao redor… fachadas verdes, McDonald\’s verdes, miles de produtos, Eco, particiones verdes, publicidade verde, páxinas Web Eco, escaparate verdes… A cidade Verde xa está aquí.

2. Función

2.1 Se os edificios icónicos simplemente tiñan que ser icónicos, os edificios verdes simplemente han de ser Verdes. Non pode ser máis superficial: o Verde como función. O Verde permite que a sustentabilidade poida comprarse por metro cadrado, poida pintarse nunha parede, ou pegarse a un muro. A sustentabilidade engadirase aos filtros de Photoshop para a seguinte versión CS6: Ctrl Green. Do mesmo xeito que a arquitectura icónica, a arquitectura Verde tamén proporciona a moi cobizada identidade; identidade xenérica.

Vila Ecolóxica La Rotonda, Vicenza – Palladio 1566 | st-ar.nl

2.2 Aínda que inicialmente fose pensada coa mellor das intencións, calquera boa idea na sociedade actual, necesita ser simplificada a unha décima parte e baleirada de todo contido para poder ser comercializada con éxito entre as masas. Ata podería entenderse como un proceso accesible, democrático…; do mesmo xeito que unha imitación dun bolso de Prada permite a moitas mais mulleres achegarse á sensación Prada e levar o seu status.

2.3 O archirepetido pretexto escusando a sobredose de Verdes, Ecos e Nature-friendly’s alegando que ‘polo menos a xente conciencíase da sustentabilidade’ fixo efecto, se o efecto considérase sacar tallada do asunto: os produtos Verdes soben en índice de vendas, os xurados de concursos emociónanse ao ler as historias Eco-épicas dos proxectos, e os políticos saben que apostando polo Verde obterán mais simpatizantes. Pero o Verde conseguiu desviar a atención do que realmente importa. Eco-demagoxia impecable.

2.4 Se todas as propostas e visións para o futuro da cidade e os concursos de arquitectura gañado baixo os efectos do Verde executásense, a cidade transformaríase nunha versión sofisticada do estado actual da Zona morta de Chernóbil. (Véxase Pripyat na primavera).

Vila Ecolóxica Saboya, Poissy – Le Corbusier, 1929 | st-ar.nl

3. Estilo

3.1 Movemento Moderno, Postmodernismo, Deconstructivismo… Definitivamente atopámonos agora no Sostenibilismo. A diferenza dos estilos anteriores, todos os arquitectos podes ser Sostenibilistas: os vangardistas, os comerciais, os mozos, os establecidos… Ademais o Sostenibilismo non é un estilo exclusivo e pode ser combinado cos outros estilos: Eco-Deconstructivismo, Green-Postmodernismo… É O estilo democrático. As revistas de arquitectura e os folletos comerciais han atopado por fin unha linguaxe común: o Verde. O Verde é tamén o punto común entre o arquitecto, o cliente, o promotor, e o usuario. O Verde elimina as discrepancias. É fantástico, é o salvador da Torre de Babel. Finalmente poderemos alcanzar os Ceos. Por primeira vez atopámonos ante un verdadeiro Estilo Internacional; desde Madrid, a Copenhague, pasando por Dallas ou Istambul. O Sostenibilismo é tan superior que funciona en calquera lugar; é o estilo gañador, o campión global, -aínda que precisamente este feito faille terriblemente insustentable. A diferenza dos outros estilos –imaxina unha cidade deseñada totalmente desde o Deconstructivismo…- é posible construír unha cidade enteira ao Sostenibilista. Pode existir en calquera sitio e a calquera escala: desde un rañaceos, ata unha vivenda individual, ou un interior; todo vale. E pode acomodar calquera gusto: ao Verde moldéaselle como a un peiteado: longo e abrandado, compacto ao afro, parcialmente afeitado creando ornamentos…

3.2 Os edificios Verdes poden ser Andrómenas Decoradas ou Edificios Pato, e hai exemplos peculiares que poden ser simultaneamente ambos dando lugar ao Pato Decorado.

3.3 O Verde deberá incorporarse como o sexto principio dentro do cinco puntos da arquitectura de Lle Corbusier, e como cuarto alicerce á terna de Vitruvio: Venustas, Utilitas, Firmitas +Sustenabilitas.

Il Monumento Continuo e Sostenibile, NewYork [© Original Superstudio, cortesía de Adolfo Natalini] | st-ar.nl

3.4 O produto construído (…) da Sustentabilidade non é a arquitectura sustentable, senón o Verde.

O Verde é o que queda despois que a sustentabilidade seguise o seu curso ou, máis concretamente, o que se coagula mentres a Sustentabilidade esta ocorrendo: a súa secuela. (1)

3.5 Green is the New Black.

4. Relixión

4.1 O Verde funciona como a fe. A Igrexa católica pronto engadirá San Verde (ou San Eco) ao seu santoral. San Verde protexe aos arquitectos verdes e guíalles na dirección sustentable. Se lle rezamos todos os días San Verde recompensará as nosas pregarias: os políticos obterán máis votos, os arquitectos gañarán máis concursos e as compañías venderán máis produtos.

Campo de Concentración Sostible Auschwitz I, 1940 | st-ar.nl

4.2 O Verde actúa de maneiras misteriosas… Os arquitectos non-sustentables fanse chamar Verdes, con todo os que actúan consecuentemente coa sustentabilidade, non están cómodos co alcume.

4.3 Oh Señor, bendí aos daltónicos que ven máis Verde que os outros e dá esperanza aos que pola contra o verán en vermello.

4.4 O Verde adquiriu carácter confesional. Canto mais culpables sexamos, mais Verde tentámolo. A aparencia Eco/Verde é indirectamente proporcional aos seus logros sustentables. O Verde conseguiu reducir todo o que importa a un só problema, e a unha soa solución: Verde. O Verde é capaz de absolver todos os nosos pecados.

4.5 O Verde é dobremente milagroso. Coma se pretendésemos curar o cancro con aspirinas, o Verde funciona como fórmula prodixiosa que converte en sustentable todo o que toca. Ademais pode camuflar os deseños máis desafortunados. ‘De noite todos os gatos son pardos’. Unha fachada Verde fea será sempre mellor aceptada que un edificio feo.

4.6 O Verde é capaz de iluminarnos retroactivamente. Os arquitectos reescribimos a nosa historia de acordo á sustentabilidade; o que fixemos unha vez con sentido común, podémoslle chamar agora sustentable; de maneira inconsciente xa estaban baixo os efectos do Verde… como verdadeiros visionarios.

5. Ambigüidade

5.1 Con todo o Verde esconde unha dimensión perversa… Como nunha película de David Lynch, todo parece estar en perfecta calma, pero hai algo inquietante… podrecéndose… O Verde é a mentira compartida, o consenso secreto, o crime perfecto. Todos sabemos que non pode ser tan bo, nin tan fácil, pero que mais dá? O Verde vende, e hai suficiente para todos. Unha nova clase de intimidación amigable: Eco-terrorismo.

Eco-Muro de Berlin, 1989 | st-ar.nl

5.2 O Verde sofre de trastorno de personalidade múltiple; os Gurús do Green, o Eco-Salvadores, os seguidores do Verde…. predican os mais variados argumentos totalmente contraditorios e incompatibles entre si. Pero isto parece non supor un problema, sempre que o argumento sexa Verde, porque a todo o mundo gústalle –ou ha de gustar- o Verde, e se non é así, é que son seres humanos aberrantes. A necesidade exponencial de aceptación popular fai do Verde o instrumento excelente. Green: I Like

5.3 O dicionario de Microsoft para Word en castelán indica os seguintes sinónimos para Verde: obsceno, picante, indecente, indecoroso, impúdico, deshonesto, escabroso e libre. En inglés, á parte dos referentes á súa cor ofrece: inmaturo e inexperto.

5.4 Here we are now, entertainers.

6. Apéndice

A relación entre os arquitectos e o Verde lembra ao “Descubrimento” de América; non só o “Novo Mundo” xa estaba aí, senón que a maioría quedan como Colón… convencidos de que chegaran ás Indias.

Parábola

A crise económica e a fame crecente de identidade aceleraron a creación da Cidade Verde. Na Cidade Verde todas as empresas cambiaron os seus logotipos á cor verde, só vendían Eco-produtos e ofrecían servizos Eco-friendly. Os seus habitantes vivían nunha saudable loita por ser o máis verde. Na Cidade Verde as centrais nucleares eran sustentables. As películas en branco e negro eran verdes tamén. Na Cidade Verde os poderes do Verde eran tan heroicos que podían remendar as vergoñas do pasado: os campos de concentración, o muro de Berlín…, calquera momento da historia podía volverse sustentable de maneira retroactiva. O Verde adquiriu status confesional e podía absolver calquera pecado. Na Cidade Verde os uniformes de soldados eran a última moda, Hulk era o home do ano e a Zona de Chernóbil o eco-destino vacacional máis solicitado. Os arquitectos estaban súper excitados co Verde. Fachadas verdes, cubertas verdes, particiones verdes… Todo o que se podía cubrir de Verde cubríase de Verde. Pero detrás das cámaras a burbulla Verde crecía e crecía desmesuradamente… Ninguén se atrevía a falar diso e nun ataque de avaricia, temendo o final desta galiña dos ovos de ouro, os arquitectos empezaron usar o Verde frenética e incontroladamente. A Cidade Verde transformouse nun continuo campo de golf. A confusión era colosal, reinaba o descontrol e nun ataque cal Saturno, a Cidade Verde comezou a devorar aos seus habitantes. Pero entón, e xusto nese momento, unha segunda ilustración empezou a florecer… Os sobreviventes empezaron a razoar, a ver máis claro, a non necesitar ver o Verde para crer na sustentabilidade, do mesmo xeito que tampouco necesitaban ver columnas para crer na estabilidade estrutural –e a Cidade Verde foise extinguindo lentamente… Esta mucosa foi limpada, os partidos verdes xa non eran necesarios e McDonlad’s volvía ser vermello.

Central Nuclear Ecolóxica, Dukovany | st-ar.nl

O Soño da Razón Produce Monstros, Verdes e Peludos Monstros.

– – –

(1) Tomado de Junkspace-Espacio Basura de Rem Koolhaas: Substituindo Espacio Basura por Verde y Modernidad por Sostenibilidad.

Beatriz Ramo – STAR strategies + architecture

[Participara como ponente en International Architecture Festival em3 2011]

Beatriz Ramo

Beatriz Ramo (1979, España) se graduó de la Escuela Técnica Superior de Arquitectura envalencia – ETSAV, enEspaña. En 2002 recibió una beca para estudiar en la Technische Universiteit inEindhoven, moviéndose a Países Bajos, donde ha vivido desde entonces. Durante 2003 y 2004 Beatriz Ramo trabajó en la Oficina de Arquitectura Metropolitana – OMA – en Rotterdam donde participó en – entre otros proyectos – la CCTV- de China Sede central de televisión y TVCC Centro Cultural -Televisión en Beijing, el Teatro Wyly en Dallas, la Concursos invitados para los planes urbanos de “Mercados Generales” en Roma, y la zona de la estación de ferrocarril en Logroño, España. En 2006 fundó STAR estrategias de arquitectura + inRotterdam. Desde 2007 Beatriz Ramo ha sido profesor en diferentes instituciones en los Países Bajos e invitada en diferentes países. Desde 2012 Beatriz Ramo es miembro del Consejo Científico de la AIGP.

follow me

Arquivado en: Beatriz Ramo, faro

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , ,