Mapas en branco | Miguel Ángel Díaz Camacho

Lewis Carroll, 1832–1898. “Ocean Chart.” Printed map, 13 × 8.2 cm
Lewis Carroll, 1832–1898. “Ocean Chart.” Printed map, 13 × 8.2 cm | libweb5.princeton.edu

En 1876 publicábase por primeira vez “The Hunting of the Snark“, un poema de Lewis Carroll con ilustracións de Henry Holyday. Entre unha serie de debuxos cargados de tinta, aparece como unha revelación a carta de navegación “Ocean Chart”, unha sorte de mapa que inclúe as orientacións preceptivas ou a escala, pero sen información visible no seu interior: sen vestixios de terra, sen marcas nin sinais, sen coordenadas terrestres, sen referencias. Tan só o mar.

Respectado o formato convencional, pero suprimidos os signos de fondo, o mapa convértese nun verdadeiro instrumento fenomenológico: nel atópase a ondada das tormentas, a viaxe saltarín dos golfiños, a batalla naval dos nosos antepasados, o voo migratorio das aves, o fondo mariño do abismo virxiliano, ou o reflexo das nubes na auga. En palabras de Fernando Pessoa

“É moi difícil ver só o que é visible”.

Coma se as paisaxes non puidesen explicarse tan só pola súa realidade física, senón pola súa condición cambiante, a súa metamorfose, a súa metafísica

“entendida no sentido dinámico”1.

É entón cando os mapas convencionais perden a súa utilidade ao configurar documentos acoutados ao redor de certezas xeográficas ou ecolóxicas, redutos incapaces de ofrecer unha resposta ás preguntas do tempo. Por iso algúns mapas advírtennos e interrogan desde a claridade do incontinente, desde o espazo de todo o sucedido ou desde a inmensidade daquilo que aínda está por suceder:

Algo aínda ocorrerá, pero onde e que.
Alguén sairá ao teu encontro, pero cando
(e quen)

Wislawa Szymborska
Mapas en branco.

Miguel Ángel Díaz Camacho. Doutor Arquitecto
Madrid. Decembro 2014.
Autor de Parráfos de arquitectura. #arquiParrafos

Notas:

1. Alain Roger, Breve Tratado del Paisaje, Madrid, Gallimard, 2007, páx. 13.

Miguel Ángel Díaz Camacho

Doctor en Arquitectura, Decano de la Facultad de Tecnología y Ciencia UCJC. Presidente de la Asociación Sostenibilidad y Arquitectura,  perteneciente al Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España. Director de MADC Arquitectos, estudio profesional con premios en concursos nacionales e internacionales, en la actualidad desarrolla proyectos en España y Noruega. Escritor y crítico de arquitectura, es autor de los libros “Párrafos de Arquitectura. Core(oh)grafías” (2016) y “Arquitectura y Cambio Climático” (2018).

follow me

Arquivado en: faro, Miguel Ángel Díaz Camacho

Tags: , , , , , , , , , , , , , ,