Instalación efémera para Área de compostaxe Campus da Zapateira | trespes.arquitectos

Dentro das actividades detrás da sostibilidade que a UDC (Universidade da Coruña) a través do Vicerrectorado de Infraestructuras está a levar a cabo nos seus Campus, encóntrase a instalación dunha Área de compostaxe, que transforme en “compos” os residuos orgánicos orixinados nas cafetarías das facultades do Campus da Zapateira.

Recíbese o encargo de realizar unha instalación que aloxe, de xeito temporal, a maquinaria e aparataje necesario para a transformación da materia orgánica.

Formúlase unha “instalación” realizada con táboas de madeira de piñeiro insignis “amoreadas” ao xeito dos tradicionais secadoiros de madeira dos serradoiros. Á madeira non se lle aplica ningún tratamento de protección química coa intención de poder ser incorporada ao proceso de compostaxe no momento no que a vida útil da instalación chegue á súa fin.

O arranque destas sobre a soleira de formigón executada para o efecto realízase con pezas prefabricar de formigón que habitualmente se emprega para a realización dos bordos das beirarrúas.

O sistema construtivo empregado xera cheos e vacios por igual que á parte facilitar a ventilación e iluminación da instalación confírenlle ao conxunto profundidade e unha maior acentuación das súas perspectivas e transparencias á hora de observalo e de tratalo, simplemente como un obxecto.

A iluminación vese incrementada pola distribución en niveis ou intervalos da cuberta que a maiores proporciona escapes visuais dende o interior.

A forte presenza do dique de granito que se sitúa nun dos seus laterais incorpórase ao interior practicando unha serie de ocos eliminado táboas durante o proceso de adición destas.

Obras: Instalación efímera para Área de compostaxe Campus de A Zapateira
Lugar: Campus da Zapateira, A Coruña [Galicia]
Autores: trespes.arquitectos: Carlos Mosquera del Palacio, Alberte Pérez Rodríguez, Enrique Iglesias Lima
Colaboradores: Alejandra García Macías, Felipe Trillo (Deseño).
Promotor/Propietario : Universidade da Coruña
Empresa Constructora: J.F. Varela Reformas
Datas: Data de redacción de cada fase do Proxecto e do final de obra/ PBE Maio2011 Obra 2011 Recepción Setembro 2011
Presuposto Total 10.500,00€ (presuposto de licitación)
Coste/m2 328,12 euros/m2
Fotografía: Ana Amado
+ trespesarquitectos.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, efimera, equipamiento dotacional, obras

Tags: , , , , , , , , , , , , ,