Ifac´14. Festival Internacional de Arte e Construcción

Un ano máis este festival celebrará a súa terceira edi­ción entre os próximos 11 e o 20 de Agosto en Covarrubias, (Burgos), onde convivirán 300 mozos de todo o mundo. Unha aposta que propón unir reflexión e acción para buscar un futuro rural autosuficiente. Trinta talleres arquitectónicos constitúen a columna vertebral do evento, que se alimenta de moitas outras disciplinas artísticas, construtivas e teóricas. Todo iso nun contexto de debate, traballo e intercambio de experiencias, co tema de fondo da análise e recuperación das áreas rurais.

Ifac aposta pola experimentación construtiva con terra, cana, superadobe ou madeira. Un evento onde se pode dende construír prototipos de cúpulas xeodésicas e bóvedas catalás ata aprender a fabricar pinturas, morteiros, fornos de barro e soares… Las actividades están abertas á participación colectiva en todas as fases, dende o deseño á execución. Se aínda non tes plan para o verán, as inscricións están abertas ata o 20 de Xullo ou fin de prazas.

O evento Ifac parte da hipótese de que a análise do papel que o medio rural xogou no pasado pode achegar importantes referencias ao imaxinar modelos arquitectónicos, urbanos, sociais, económicos e produtivos futuros. Os ámbitos rurais achegan unha infinitude de elementos demostradamente sostibles e coherentes co seu medio natural e social. A idea de partida é facer unha revisión de todo isto, ver que se pode rescatar e que se pode achegar dende os paradigmas actuais de cara a formular que pode ou debe ser o medio rural no presente-futuro.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, convocatorias, cursos-talleres, evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , ,