Filtro local de Edvard Ravnikar | Jelena Prokopljević


Edvard Ravnikar
Edvard Ravnikar

Edvard Ravnikar (1907 Novo Mesto- 1993 Ljubljana) é considerado, despois de Plečnik, aínda que só na escala temporal, o arquitecto máis importante de Eslovenia. Ljubljana é de Ravnikar, tanto ou máis que de Plečnik, aínda que non sempre se recoñece. Xunto con Edo Mihevc foi o fundador da nova escola de arquitectura da Eslovenia socialista ou Eslovenia iugoslava que deu paso á Eslovenia actual. Falamos dun país de pequena escala, compacto aínda que non homoxéneo, entre os Alpes e o Adriático e, por extensión, Mediterráneo, cunha identificación racional coa Mitteleuropa – Austria e Chequia sobre todo– e outra, sentimental, co sur. Grazas á sucesión Plečnik-Ravnikar, , a arquitectura eslovena conseguiu unha transición á modernidade coherente, consecuente coa súa tradición e sen rupturas típicas dos países do leste onde o cambio do sistema político ou xiros dentro do mesmo sistema ditaban cambios de representación arquitectónica.

A nova Iugoslavia que resucitou da Segunda guerra mundial reunificada baixo o signo socialista, seguiu, nunha primeira etapa, a arquitectura do realismo socialista, nacional na forma e socialista no contido. Os primeiros anos da posguerra foron tempo da frenética procura por unha forma nacional en cada unha das repúblicas constituíntes. Ao mesmo tempo houbo unha procura por unha representación arquitectónica do estado plurinacional, concentrada nos grandes proxectos para Belgrado, a capital. Pero, antes de que tivese capacidade económica para construír a grane escala, Iugoslavia rompeu as relacións coa URSS en 1948 e antes que o resto dos países socialistas empezou o proceso de desestalinización. Este proceso tivo o seu reflexo arquitectónico moito máis potente que o primeiro. As súas primeiras colaboracións co seu mestre na Biblioteca nacional e un breve paso polo despacho de Le Corbusier en 1939, marcarían a capacidade de Ravnikar de facer de ponte entre as narrativas politicamente determinadas e aparentemente contraditorias.

O seu primeiro gran proxecto individual, a Galería da arte Moderno de Ljubljana, proxectada entre 1936 e 1939, pero acabada xa no socialismo, en 1951, seguiu o ensino de Plečnik. O impacto da aprendizaxe directa de Lle Corbusier revelouse primeiro en dúas propostas urbanísticas dos primeiros anos da posguerra: en 1947 Ravnikar proxectou o centro de Nova Belgrado (ou centro da futura gran Belgrado) sobre unha base de cidade radiante coa “city” completamente dedicada ás funcións de administración e dirección estatal. Na súa proposta para o rañaceos do Comité Central do Partido Comunista (polo cal gañou un dos segundos premios no concurso sen gañador) quedou incrustado o famoso rañaceos de Alxeria, proxecto no que traballara en Paris. Outra cidade que non se realizou segundo o seu proxecto de 1948 foi Nova Goriza, a primeira cidade socialista eslovena situada diante da Vella Goriza que o novo trazado de fronteiras deixou en Italia capitalista. Outra vez considerou o urbanismo de Le Corbusier un vehículo ideal, non só para un funcionamento óptimo da cidade, senón tamén como unha ferramenta representativa para expresar a modernidade do novo sistema político.

Memorial Kampor, isla de Rab. Planta | Kampor, Rab. Maqueta
Memorial Kampor, illa de Rab. Planta | Kampor, Rab. Maqueta

A primeira cidade realizada de Ravnikar foi unha necrópole: o cemiterio e memorial ás vítimas do campo de concentración dos fascistas italianos en Kampor, illa de Rab na actual Croacia. A obra inaugurouse en 1953, para conmemorar o décimo aniversario da liberación dos prisioneiros. Na época do aínda vixente realismo socialista e a súa retórica figurativa en temas monumentais e memoriales, Ravnikar propuxo unha necrópole arcaica, con planta da cidade funcional organizada ao redor da avenida central con fileiras de bloques de pedra que marcan as tumbas. A necrópole está pechada con parede opaca perimetral que limita o paso pero non a vista, construída de pedra local colocada como nas casas tradicionais de Dalmacia.

O recinto organízase en forma de percorrido, dunha promenade architecturelle, empezando polo vestíbulo de pedra, con dúas columnas aparentemente dóricas de media altura e unha urna cilíndrica. O memorial non pertence a ningunha relixión, tampouco a ningunha nación: nun acto poético, a urna recolle a terra de lugares de orixe dos mortos que se puideron identificar. É un monumento a sufrimento, máis aínda porque as présas da inauguración obrigaron a utilizar o traballo forzado dos prisioneiros políticos da próxima illa Goli Otok, Gulag iugoslavo para os estalinistas que, tras 1948 cuestionaban o liderado de Tito.

Por eso, tampoco tiene un foco –tan sólo dos verticales de piedra para marcar el territorio. El camino, de hecho el canal pluvial central, transcurre entre las tumbas, que también forman las terrazas del terreno, descendiendo y quebrándose. Hacia el final está el pequeño museo que al principio contenía las reliquias macabras del campo: el látigo y las cadenas. Más que museo es una cripta, que repite la forma de la cripta de la Iglesia de Sagrado Corazón de Praga de Plečnik. También utiliza las viguetas de piedra que sobresalen de la cubierta al estilo de las catedrales dálmatas (sobre todo, la de Šibenik del mítico Juraj Dalmatinac).

Por iso, tampouco ten un foco –tan só dúas verticais de pedra para marcar o territorio. O camiño, de feito a canle pluvial central, transcorre entre as tumbas, que tamén forman as terrazas do terreo, descendendo e quebrándose. Cara ao final está o pequeno museo que ao principio contiña as reliquias macabras do campo: o látigo e as cadeas. Máis que museo é unha cripta, que repite a forma da cripta da Igrexa de Sacro Corazón de Praga de Plečnik. Tamén utiliza as viguetas de pedra que sobresaen da cuberta ao estilo das catedrais dálmatas (sobre todo, a de Šibenik do mítico Juraj Dalmatinac).

Ao final do percorrido non hai nada: abertura na parede para ver o mar. Kampor é unha mestura de referencias de Plečnik, Terragni, Le Corbusier, dos clásicos e da arquitectura e artesanía local, un monumento moderno e arcaico, concibido desde a proximidade e as sensacións, como a mellor maneira de explicar as complexidades históricas do lugar.

Museo o cripta exterior | Museo interior
Museo e cripta exterior | Museo interior

En 1960 Ravnikar gañou o concurso para o novo centro político de Ljubljana, a Praza da Revolución –hoxe Praza da Republica- cuxa construción se prolongou durante máis de 20 anos, supoñendo importantes cambios no deseño. Trátase da praza máis grande da cidade e, por suposto, do símbolo da nova Ljubljana. Co parlamento nacional no extremo norte, a praza componse de dúas potentes verticais que fan de portal e varios volumes baixos de oficinas, centro comercial, instituto e centro cultural e de congresos Cankarjev Dom.

Inicialmente, as dúas torres de planta triangular, que ao final da construción só chegaron á altura de 12 plantas, ían ser a sede do Comité Central do Partido Comunista Esloveno e o Consello Executivo da República. Acabaron sendo as anónimas TR2 e TR3, sedes administrativas da compañía electrónica Iskra e do Banco de Ljubljana. As torres marcan e delimitan por unha banda a praza do parlamento –praza de rituais socio-políticos e, polo outro, a praza urbana cos contidos, percorridos e vínculos. O exceso de planificación socialista fixo que a praza do parlamento en poucas ocasións deixase de ser utilizada como parking.

Consciente de estar a marcar o perfil da cidade, Ravnikar pensa a Praza e os seus contidos, desde a proximidade, desde a perspectiva peonil e desde as vistas que se abren e tapan cara á praza ou cara aos seus barrios veciños. Como na illa de Rab, os materiais e as texturas son a súa filtro local: as dúas torres teñen un acabado de placas de pedra fixadas con parafusos que lembran detalles Wagnerianos, así como o cobre oxidado verde das esaxeradas plantas técnicas (que marcan o núcleo estrutural e suplementan a altura perdida), achegan ao contexto centroeuropeo. A planta baixa –as entradas ás torres e outros centros- foi tratada de maneira moi variada: insistiuse na pluralidade de formas, materiais, desniveis e percorridos, para crear unha paisaxe urbana, antes que unha praza central. Cankarjev Dom, o centro cultural e de congresos, situado en pártea sur da praza e acabado en 1983, conectou na planta subterránea a todos os elementos do conxunto.

O larguísimo proceso de execución absorbeu e reflectiu os diferentes problemas e cambios da Iugoslavia socialista: a descentralización e o auxe da tecnocracia, a bonanza dos anos 70 e a posterior crise económica. Ravnikar entendeu as continuas modificacións impostas como parte dun proceso proyectual aberto, incorporando elementos dos seus proxectos posteriores e influencias estranxeiras: ladrillo do complexo residencial Ferantov Vrt ou do hotel Creina de Kranj; formigón brut de Le Corbusier, elementos prefabricados –estruturais e non estruturais– que nos anos 70 tiñan un gran protagonismo na arquitectura iugoslava; aplacado metálico como no centro comercial Globus de Kranj (que de feito foi a primeira fachada de aceiro cor-ten en Iugoslavia); aplacados de pedras e grandes superficies de vidro, xa típicos do modernismo socialista.

A forma e detalles do centro cultural Cankarjev Dom a miúdo relacionáronse co centro Finlandia de Alvar Aalto. Este centro pon o punto final á praza, á súa construción e a súa organización case metabólica: as catro salgas con toda a maquinaria obrigárono a soterralas para non aumentar a volumetría sobre a praza e fixo conectar os diferentes contidos e percorridos no soto, xunto co enorme hall de entrada de Cankarjev Dom.

En 1939, tras traballar con Plečnik na biblioteca nacional, Ravnikar foise ao despacho de Le Corbusier en quen o seu primeiro mestre non tiña ningunha confianza. Quixo reformularse o clasicismo local de Plečnik que o había impreso sobre Ljubljana non como formas propias, senón como proxección que mellor lle sentaba. Volveu crendo que non existía contradición importante entre o mellor modernismo e a esencia do clasicismo. En 1957 falou sobre o seu mestre dunha maneira que tamén se refire á súa propia obra:

“Plečnik dominaba á perfección a expresión en arquitectura. A expresión que significa parte da vida inscrita no material de construción. Talvez esta particularidade é a característica máis inaccesible da arquitectura; a saber, que a traza da man humana no material construtivo é un dos recordos máis íntimos que se dirixe directamente á intelixencia. Pódese ler con fluidez séculos máis tarde, mesmo se fose creado no outro lado do mundo. E o anonimato só o fai máis potente.”

Jelena Prokopljevic. Doutora Arquitecta
Barcelona. Maio 2014

Imaxes sen indicación son de: Aleš Vodopivec y Rok Žnidaršič: Edvard Ravnikar Architect and Teacher, Springer Wien-New York, 2010, Wolfgang Thaler e Node Urban Design 

Arquivado en: artigos, Jelena Prokopljević

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,