Cidade radiante. Le Corbusier agredido | Pedro Hernández


Maqueta de madera de la Ciudad radiante de Le Corbusier (E 1.500) 30x30x40 cm
Maqueta de madeira da Ciudad radiante de Le Corbusier (E 1.500), 30x30x40 cm

Toda maqueta é unha prospección a futuro, unha promesa, un desexo, a imaxe ideal dun pensamento do que deberá ser a arquitectura. Arquitectura antes da arquitectura ou arquitectura sen un lugar ou arquitectura en calquera lugar.

Construír unha maqueta é anticipar ese futuro; é establecer de antemán (e sen risco de equivocarse) unha determinada concepción do mundo ou dun territorio; unha representación a escala dunha idea que devirá espazo tanxible, real, habitable. Como apunta o escritor e xornalista Juan José Millas:

“Nas maquetas non hai folguistas, nin manifestantes, nin pobres, non hai cacas de can, non hai vento, xamais chove, non fai nin frío nin calor. Da maqueta non chegan berros de contribuíntes indignados preguntando ás autoridades de onde van sacar o diñeiro para a obra faraónica que se propoñen perpetrar. Nas maquetas, os retretes están sempre limpos e as árbores son de folla perenne e a auga do estanque é cristalina.”

Por iso a maqueta é a ferramenta preferida de políticos e arquitectos que, que como non poden controlar o mundo que lles rodea, prefiren imaxinalo en miniatura, respondendo ao que dicía Bachelard:

“[posuímos] o mundo tanto máis canta maior habilidade teña[ mos] para miniaturizarlo”.

A destrución (parcial) da maqueta non só contestaría á idea establecida por Millas, senón que trata de posicionarse na vontade de que a arquitectura non pode solidificar modelos ideais, limpos e ordenados.

Se unha maqueta é, como xa se dixo, unha mirada ao futuro, a maqueta queimada representa entón a propia noción de fracaso: Unha promesa frustrada, un futuro imperfecto, unha utopía sen utopía.

Maqueta de madera de la Ciudad radiante de Le Corbusier (E 1.500), 30x30x40 cm
Maqueta de madeira de la Ciudad radiante de Le Corbusier (E 1.500), 30x30x40 cm

Pedro Hernández · arquitecto
Cidade de México. Maio 2014

Soy arquitecto por la Universidad de Alicante, pero mi interés sobre esta disciplina se encuentra alejado de su papel tradicional de diseño de espacios. Más bien, me interesa entender cómo las representaciones de la arquitectura, el paisaje, el diseño o el territorio construyen y materializan determinados discursos ideológicos, imponiendo posturas, subjetividades y formas de acción sobre los cuerpos que la habitan. En mi trabajo edito estos discursos –sus imágenes, sus historias o sus restos materiales– y reelaboro comentarios críticos que ponen en evidencia sus controversias y contradicciones, formalizándolos en diversos formatos como textos, fotografías, vídeos, objetos o instalaciones, muchas veces entrecruzados entre sí. He publicado artículos y ensayos en diversos medios de Estados Unidos, Italia, Croacia, España, Chile y México. Desde enero de 2013 resido en la Ciudad de México donde trabajo como coordinador de contenidos en Arquine.
follow me

Arquivado en: faro, Pedro Hérnandez Martínez

Tags: , , , , , , , , , , , ,